Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Cepillo Guillame

Imaxe
Moi boas a todos. Que tal como estades? Benvidos e venvidas a PAPARRODA un día máis. Cepillo Guillame   Iste post trata sobre a artistada que rematei esta semana, un cepillo Guillame, un útil que ademáis de cortar como un condenado, dispón dunha peculiaridade soberbia, ter a folla de corte tan ancha como a caixa, polo que se fai especial para algunas labores concretas.    No seguinte enlace a youtube, mostro a técnica a seguir.        https://youtu.be/VBLvpfnVHI0   A bestia

Varetaxe

Imaxe
Neste vídeo mostro a distribución da varetaxe, utilizo o sistema que ideou o lutier almeriense Antonio Torres en 1884. Sen sabelo, establecía unhas pautas a seguir para o resto dos lutieres, tanto aficionados como veteranos. Ademáis de aumentar o tamaño da caixa de resonancia, deixou como legado o sistema de distribución de varetas en forma de abanico. Podes ver o vídeo pinchando  AQUÍ

O fondo da guitarra

Imaxe
O fondo da guitarra é a peza que cerra a caixa armónica pola parte traseira, está feita da mesma madeira que os aros e tamén cumpre como reflector do son que produce a tapa armónica, afecta ao timbre. É unha parte tan importante como outra calquera, todo depende da importancia que se lle queira dar as cousas. Antes de poñerme co encolado das barras, lixo con grao 500, 600, 800 e 1000 aproximadamente cinco minutos con cada un deles. Para encolar as barras utilizo a soleira MANFER Style, esta ten unha curvatura de radio 6000mm que ven sendo 3mm na parte central (debaixo da ponte). Observar detalle da forma abombada nas seguintes imaxes. Motivo polo que ás barras hai que darlles esa curvatura natural (copia exacta da base da soleira) Para manter unha presión constante e uniforme durante o tempo de secado, utilizo o sistema de canas que persoalmente considero que vai fenomenal. Para o fondo utilizo a mesma madeira que os aros, Palosanto da India, a xunta é de sicomoro, as barras de abeto A

Anselmo e Rosa — Convivencia non marital

Imaxe
Anselmo e Rosa   Índice Despois de case 12 anos de puro cortexo, 60 foron os días que durou a convivencia non marital de Anselmo e Rosa.  Neste relato narro as principales causas que levaron á parella a cortar o achegamento. Convivencia non marital Anselmo e Rosa sempre viviron cada un cos seus país, ata que fai mes e pico deron o gran paso de independizarse e ir a vivir xuntos. Alquilaron un primeiro piso con balcón e toldo amarillo limón, acorde ás necesidades e preferencias dunha parella sen fillos, nunha rúa totalmente adoquinada, reconfortable e moi acolledora, plagada de escaparates e terrazas salpicadas de sombrillas. Todo pintaba xenial!   Rosa é unha muller, ambiciosa,  atractiva e tan elegante e fina como o algodón de Cretona, a súa melena de rizos victorianos contrasta coa vestimenta enlutada que adoita usar. É unha muller que toma os cosméticos en serio, así como todos os  demais  trucos de beleza que a fan sentir elegante e segura como unha doncela balinesa. Nunca a verede

Saltala fogueira en tempos de Covid

Imaxe
Pregúntome como será a noite máis curta deste ano. A priori (vendo o irresponsable que é a xente) coido que seremos ben poucos os que levaremos adiante as medidas impostas, o resto como se o de cumprir non fora con eles, q ue xoguén coa súa saúde, como di o outro “ me la suda ” pero coa miña… É un feito que verdadeiramente me preocupa. A noite de San Xoán é unha velada desas que se agarda con impaciencia,  tras o lusquefusque mozos e mozas reúnense para celebrar o inicio do verán. Unha reunión de estilo campestre ou de praia ó redor dunha fogueira que promete con tódalas papeletas facer pasalo a tope, non só comendo churrasco (que nos gusta a todos) sardiñas, viño, cervexa ben fresca e Coca Cola, cada quen que a disfrute como lle pete, pero eso sí, todos co mesmo propósito de alargar a noite ata o amencer.   Lonxe quedan aquelas noites de trangallada, cargadas de encanto, meigallos e sortilexos, mesturado con alcohol e bicos agachados á vista da lúa, daba igual que xiara ou orballara,

Cousas incomparables

Imaxe
Isto é para os que queren algo máis que ver un vídeo de lutería, aínda que sexa lutería da boa, unha mostra de que non todo é made in china, aquí no Barbanza tamén se leva o made in feito na casa.  Quero comentar algo que certo día un bo compañeiro me dixo, referente ao proxecto da guitarra MANFER Style. As súas palabras foron: “ Como non compras a guitarra ?” Se supera que mercar unha guitarra e facer unha guitarra son praceres tan e tan distintos que non se parecen en nada, non abriría a boca. Eso é como comparar un bocadillo de chocolate con ter unha moza ben guapa, son cousas incomparables, algo similar é o que pasa con facer ou mercar unha guitarra.  Este mundillo da lutería engancha, así como engancha a fotografía, o running, o terraceo, o ciclismo, o padel, ou calquera outra afección que un poida ter. Dende que un se mete, é difícil dar marcha atrás, primeiro porque as posibilidades de aprender son infinitas, internet neste aspecto puxo as cousas en bandexa, e por outr

O murmurio de Agramonte - quinta parte

Imaxe
Para os lectores que descoñecedes a trama de O murmurio de Agramonte , podedes acceder á primeira parte pinchando AQUÍ.   Iso si, quero que tanto os noveis como os veteranos, gocedes ao máximo deste relato.  A disfrutalo! O murmurio de Agramonte - quinta parte …Plum, plum, plum, cataplum, plum, plum…  Un tras outro, os estrondos retumbaban nas paredes do sobrado.  Un día antes… Aquela sobremesa de baralla, licor café, biscachón, cánticos e palabrería, prolongouse máis alá do esperado. Así seguiron, ata que ben entrada a noite se deron conta de que as cartas estaban marcadas, que por mor a chegar ás mans, decidiron parala partida. Momento no que  Mortorius (coa disculpa de que ao día seguinte tiña cousas que facer) marchou a durmir.  Eu quero pensar que tamén foi porque Abeliño xa empezaba a pórse un chisco agresivo.  Polo que os tres baroñeses alí quedaron sós, falando do plan do día seguinte, da roupa e das rarezas do Ferreiro. Tamén se preguntaban se m

A conclusión da presenza enmascarada

Imaxe
Este post dedícollo a todos os compañeiros de traballo, que por sorte ou desgracia non teñen a opción de poder teletraballar. Hai traballos que por moito que un se empeñe, non se poden facer na casa, sentado no sofá comendo pipas. Quen puidera cumplir desa maneira, coas cargas laborais asignadas …! Para os que non temos o pracer de comer pipas mentras curramos, non nos queda outra que acudir ao traballo baixo certas condicións protocolarias, e sempre coa guía das boas prácticas aprendida, claro está. Aínda así, é ben certo que rolda a intranquilidade, porque o que menos desexamos é ser contaxiados, de aí toda a parafernalia de evitar aglomeracións, manter a distancia de seguridade, usar geles desinfectantes, guantes e mascarillas. Aí é xustamente a onde quería chegar, porque a mascarilla é a causante desta dedicatoria, Prepárate! Antes de seguir, quero deixar claro que esta narración non pretende ser outra cousa máis que unha gota de humor nun momento delicado, simplemente

Quédate

Imaxe
Ola, non quería deixar pasar este momento de corentena sen referirme a vós, aos lectores de Paparroda.  Desexo que esta situación tan pouco habitual e de absoluta excepcionalidade pola que estamos pasando, non vos afecte á familia nin a vós mesmos. Só nos queda seguir as recomendacións das autoridades, quedar na casiña, e agardar a que todo esto pase o antes posible. Ánimo! Un saúdo.

O gaiteiro baroñés

Imaxe
Gadamil (o gaiteiro baroñés) Neste relato, narro a historia de Gadamil, un gaiteiro que deixaba pegada sonora alí por onde pasaba.  O seu nome de pila era Ramón, pero todos o coñecían polo seudónimo de  “ Gadamil ”, de profesión gaiteiro . Nacía no ano de 1905 en Baroña no concello de Porto do Son.  Era un tipo con moito carisma, festeiro e pícaro como ninguén, facía magas coa gaita con tal de sorprender ao público, especialista en amenizar banquetes e foliadas, un verdadeiro showman da época que gozaba dunha particularidade única, tocar a gaita e bailar coas máis guapas ao mesmo tempo, ámbalas cousas con moita maestría.  “ Nin que estivera feito coa mesma tela que se fan as festas, andar de parranda era o seu! ”, iso dicían os que o coñecían. Era un músico singular la mar de cotizado, actuaba  nas vodas de alta alcurnia e tamén nas festas máis relevantes da comarca, San Roquiño de Tállara, a Guía, San Ramón de Bealo, o Loreto, a Guadalupe, o Nazareno, San Marcos

A dobre vida de Sancho Panza

Imaxe
Prólogo Antes de meterme en fonduras, quero deixar claro que esta exposición non é unha interpretación dalgún capítulo da novela  “El ingenioso don Quijote de la Mancha”, se non unha narración con detalles únicos, tomando como eixo a Sancho Panza. Este é o inicio dunha serie de relatos nos que narro vivencias e circunstancias que tanto Cervantes como o mesmísimo Avellaneda non citaron, ben fora por recato ou descoñecemento. Tamén é certo, que falando desta obra con algúns compañeiros, oín verdadeiros disparates, entre os cales, figura un que é digno de mención, máis que nada porque sinxelamente me supera: “Como vas a escribir ti algo que non estea no libro? Sendo así estás mentindo!” Só teño que dicir que o disfrute do néctar imperial está en saber saborealo, igual que gozar do surrealismo cósmico, vamos!   Sábese que Quijote era delgado como un fiuncho, pero xúrovos que era moito máis fraco que do que nos fixeron crer, moito máis fraco que o voso veciño máis desca