Anselmo e Rosa — Convivencia non marital
Anselmo e Rosa
Índice
Despois de case 12 anos de puro cortexo, 60 foron os días que durou a convivencia non marital de Anselmo e Rosa. Neste relato narro as principales causas que levaron á parella a cortar o achegamento.
Convivencia non marital
Anselmo e Rosa sempre viviron cada un cos seus país, ata que fai mes e pico deron o gran paso de independizarse e ir a vivir xuntos. Alquilaron un primeiro piso con balcón e toldo amarillo limón, acorde ás necesidades e preferencias dunha parella sen fillos, nunha rúa totalmente adoquinada, reconfortable e moi acolledora, plagada de escaparates e terrazas salpicadas de sombrillas. Todo pintaba xenial!
Rosa é unha muller, ambiciosa, atractiva e tan elegante e fina como o algodón de Cretona, a súa melena de rizos victorianos contrasta coa vestimenta enlutada que adoita usar. É unha muller que toma os cosméticos en serio, así como todos os demais trucos de beleza que a fan sentir elegante e segura como unha doncela balinesa. Nunca a veredes de chándal, nin vestida con roupa de trote, nin tampouco cun sombreiro pasado de moda e moito menos perdendo a noción do tempo xogando ao parchís. Así é Rosa, o centro de tódalas miradas, unha muller seductora, capaz de reavivar os ánimos dun pailaroco, ou deixar en shock a calquera obispo mediocre que se poña diante.
Dende que Rosa coñeciu a unha tal Maripili no traballo, ademáis de levar unha vida que parece non coincidir cos ingresos dunha conserveira, tamén se volveu un tanto exquisita con certos temas que antes non tocaba, de feito leva mes e pico recriminando a Anselmo, “modernízate”, “sexista”, “estás chapado á antiga”, “machista”… Estes son entre outros, a recua de reprendimentos que forman parte do seu repertorio, o que Anselmo non estaba acostumado, todo unha novidade dende fai mes e pico para acá.
Rosa sempre foi unha muller seductora, cualidade que de repente, a Anselmo empezou a inquietalo.
Anselmo ademáis de manchar e non axudar coas labores do fogar, pasa as horas no balcón, absorto polo tabaco e o barullo da rúa, compartindo cos viandantes fumes, pestes e queixumes dun mal día de traballo. Os motivos polos que sae “a tomar o fresco” son: Primeiro, polo vicio, que non é quen de vivir sen el, empedernido ata tal punto que prefire perder un dente antes que o tabaco. Un pitillo cada media hora que non llo quite ninguén, así ten dedos e uñas da cor da bosta das vacas; o segundo motivo, e non menos importante por ser segundo, é por non escoitar como Rosa o recrimina.
O balcón vólvese o centro de berros e disputas, nunha rúa totalmente adoquinada plagada de sombrillas.
Aínda que Anselmo é un home tranquilo, chegou o día no que a combustión instantánea se transformou nun fastídio.
Partirlle a cara a amada, non entraba nos plans.
Vivimos nunha sociedade machista, non vou dicir que non, pero tamén é certo que cada día algo menos. Aqueles tempos nos que o home tiña que ser dominante e a muller sumisa, ata tal punto de consentir que el lle pagara a entrada da discoteca e a Fanta de laranxa, xa pasaron. Ou non?
Este relato de Anselmo e Rosa é o primeiro dunha colección que non segue unha orde cronolóxica.
Un saúdo.
Comentarios
Publicar un comentario