Os normandos na ría II/II
Estaba o
século XII dando os últimos coletazos, cando aqueles famentos vikingos, abordo
dos temidos drakkars amosaban no horizonte as enormes velas vermellas e
brancas, para remontar por derradeira vez o río Ulla. Nesa expedición aparte do
típico saqueo, enchentas de mariscadas, empanadas e viño, traían entre corno e
corno un propósito especial. Aproveitarse das mozas guapas da comarca.
Tiñan
todo rigurosamente controlado, pero aínda así, o pensamento alocado que traían saliulles
un tanto furado, agora vos conto!
Tan axiña
como os drakkars tomaron terra, as xentes do lugar, observaban atónitos como un
anano vestido con coiros, collares e plumas de cores, baixaba da embarcación portando
unha bandeira branca, nin que fose en son de paz...! Ese anano non era outro que o
bufón de abordo, a petición de Damson, este individuo pisaba terra para falar
coas xentes e facer as paces ao mesmo tempo que organizaba unha parrillada co
lema: “Nunca máis saqueos”
O
todopoderoso Odín pedíralle a Damson que navegase cara ao Sur, e non volvese a pisar terras escandinavas sen antes
atopar unha moza guapa para deixar descendencia. Polo tanto a principal
finalidade da viaxe era deixar a Úrsula preñada, aínda sendo consciente de que
coa guapura afastada que se gastaba, tíñao un tanto crudo, por eso viña disposto
ó que fixera falta.
Traía
metido na testa que ía abusar dela sí ou sí, ó seu antoxo, aínda que fose empleando
a violencia física. Desta vez, o das verrugas na frente non se conformaría con
mirar para as bragas de fieltro que as lugareñas tiñan no tendal.
Para a parrillada,
matárase unha vaca, tres becerros e catorce galiñas. Chegado o momento, todos
comeron e beberon ata máis non poder, o caos e o desorden que o viño de cartón alí
deixou, foi máis que suficiente para que Damson con cara de porco vietnamita,
quixese bailar con Úrsula o baile do achilipú. Ao ver que esta se negaba,
quedou tan desconcertado como un guiri en Rianjo. Cunha actitude desafiante e sen piedade, montou un altercado de collóns. Úrsula entre forcexeo e
forcexeo, sen resultado, luchou por defenderse, pero entre o anano (que metía
cizaña); Damson e catro máis, foron dabondo para conseguir violala salvaxemente.
Entre tal
desconcerto, o resto da tripulación (sen éxito); intentou sacudir ós lugareños, pero
estes con estilo e gracia galega, a velas vir os deixaron con tal paliza que
lles deron.
Ao día
seguinte por orden de non se sabe quen, Damson cruzaba o río a nado, eso sí! Cunha cadea enrollada nos collóns. Marcando
deste xeito o fin das expedicións vikingas ás Torres do Oeste.
A
totalidade dos chupichainas normandos quedaron desempeñando traballos forzados,
aínda que sen saber quen, nin como nin cando, as súas
cabezas sen ollos aparecían flotando na ría.
Desgraciadamente,
Úrsula rematou os seus días triste, sumida nunha confusión entre medo, salouco e
aturdimento.
Aquí vos deixo o enlace á primeira parte de Os normandos na ría .
Aquí vos deixo o enlace á primeira parte de Os normandos na ría .
Deica logo xente!
Que o disfrutedes!
Comentarios
Publicar un comentario