Os normandos na ría I/II
Sendo franco, xa fai tempo que quero contar esta
historia, a historia dos piratas normandos na nosa ría. O percal, vouno dividir en dúas partes; a primeira onde describo personaxes e situación, na segunda relatarei o sucedido na última viaxe. Agardo que vos guste.
Xa vai dun bo puñado de anos, nos que tódolos
primeiros domingos de agosto levo asistindo á simulación do desembarco vikingo en
Catoira, onde ano tras ano entre as xentes que alí se achegan, escoito versións variopintas dos motivos por os cales os vikingos se arrimaban a estas Terras. De se arrimaban de paso que iban cara ó Algarve portugués, de se era coa intención de saquear a
catedral de Santiago, de fartarse de tintorro, pescar sollas ou simplemente mariscar
na ría de Arousa, o que sí todos sabemos é que chegaban as Torres do Oeste.
A presencia dos vikingos en Catoira non era outra
que a manifestación amorosa do príncipe Damson. Sí, así como cho digo, así de
claro! Este estaba chifladamente perdido por unha doncela que vivía nunha das
torres. Chamábase Úrsula, unha moza alta, guapa, pelo limpo e flequillo como
Dios manda. Tanto de cara como de corpo estaba moi ben, a calquer machuelo lle
daría ansia vela. Vamos! Que de lonxe parecía a tipa do telediario.
De seguro que ó Damson de marras non lle chagaba
nin a altura do peluche, pero eso é outro tema…
Aquela noite de lúa, os drakkars vikingos procedentes
da localidade escandinava de Frederikssund, cargados de normandos, tomaban
terra na desembocadura do río Ulla. Todos viñan ataviados con traxes de coiro
gastado, collares de bolas, escudos e cascos con cornos forrados con algo
metálico, nin que fose papel albal…! Entre eles había un que viña medio
apartado (nunha especie de zona VIP); protexido do sol baixo un toldo de bambú,
onde penduraban coloridos feldreques de esparto tupido. O tipiño non era outro
que o príncipe Damson, este sería de sangue azul, pero as uñas tiñas negras
como a peste, tamén tiña unhas mallas, zapatóns de becerro e chaleco con capucha a xogo. Entre a multitude
de complementos que se gastaba, sobraban aros, cadeas e pulseiras, só lle faltaba
un caravel na lapela! Completaba o seu indumento cunha espada ben afilada.
Feo de nacemento, con só verlle os dentes e aquelas
catro verrugas que tiña na testa, xa era
máis que suficiente para darse conta de que non era suspiro de ningunha moza galega.
Pero el alá viña na súa “garita” con voz ronca dando
verridos como un tolo, ÚR-SU-LA, ÚR-SU-LA. Ata que avistaba as torres onde se
atopaba a moza que pretendía.
Mentras uns se fartaban de viño, mexillóns,
churrasco, pulpo da ría e licores varios para deixar as farolas parpadeando,
Damson mascando chicle apampanado alí quedaba, cos ollos abertos como pratos,
miraba como Úrsula dende o seu aposento bailaba e cantaba a Rianxeira en
camisón.
Comentarios
Publicar un comentario