Matadura
Dende as velas
do Corpiño ata as lágrimas de San Campio, coas ofrendas a San Ramón e os baños na Lanzada,
ano tras ano anduvo Rubén sen atopar ritual que matara o desexo de deixar á dona
preñada.
Neste
post vou contar a historia dunha parella un tanto peculiar. Rubén e Conchita,
dous namorados de Viveiro e Boiro respectivamente, o flechazo destes mozos producéuse
na marea dorneira do 2006, aínda que só fai catro anos que comparten piso como
parella, no lugar de O Monumento, Ribeira.
Esta
parella vive unha vida plena, chea de satisfacción, rica en diversión e
relacións sociais. Ela é unha muller guapa, extrovertida, independiente, con
horario de doutora e moi alocada, dende fai un tempo para acá tamén a xoga cun affair, andando con el a brincos de aquí para alá, como un Pokemon pola
cidade. Por outro lado Rubén é un mozo responsable, cheo de valores e sentido
común, con trinta e tantos tacos. Traballa como un cabrón, agardando pola
herencia millonaria de cando a palme seu pai. Chega á casa cansado como un
burro, pero aínda con esas, co empeño en ser pai, as gañas de rechinar non lle
faltan. Logo de moito insistir, mollándoa día sí e día tamén e sen máis
proveito que o feito do momento, ofreceuna a canto santo hai, San Ramón, San
Campio, San Andrés, pero nin a de tres! A muller como se nada…
Mentras o
paspán se preocupaba buscando novas terapias, ela seguía ausente pensando no
último Tweet que recibirá. A todo esto, teño que decir que Conchita é unha
desas mulleres “modernas” un tanto egoísta, unha muller que non acepta a idea
de ter fillos só polo simple feito de que forme parte dun proceso natural, máis
ben é muller de vivir a vida rascándoa de aquí para alá.
Un día paseando
pola capital, chamoulles a atención un
cartel luminoso que penduraba da primeira pranta do número 24 dunha rúa
céntrica de Compostela, un centro de rehabilitación de alto rendimento onde curaban
a un de todo canto había, reuma, catarros, psoriasis, dores menstruais, stress,
mal de amores, espabilación de papanatas, cansancio, aburrimento… etc. Cando el
tal viu, non dudou en animala a unha
sesión, ela toda complacida, non fixo outra cousa que aceptar. El pedíulle a Deus
que o remedio fose eficaz, ela a Deus viuno despois, unha vez dentro.
Xa dentro
do local, unha sala rechea de xente agardaba o masaxe profesional. Cando lle
tocou o turno a Conchita, Rubén non sabía se rir ou chorar, xa que detrás
daquela porta non se oía outra cousa que risas, gritos e xemidos, onde o
dominicano a traballaba ben traballada. Quedaría preñada…?
Por desgracia,
queiramos ou non, vivimos nunha sociedade moi materialista, na que se mira con
recelo a esas mulleres sen instinto maternal, pensando que non ter fillos é
unha decisión egoísta como se fose por non querer asumir responsabilidades, renegando
á vidorra.
Por que
tanto insistir…! Que non che gusten os animais nin os fillos, debería ser unha
opción tan respetuosa como outras opcións da vida.
Non por
eso o pai se ten que sentir como un trasto vello con cachos de bronce
enferruxados.
Que non
ser nai, sexa obxetivo cuestionable…!
Un saúdo
Comentarios
Publicar un comentario