A cambio de que?
No post de hoxe vou tratar
sobre software e de cómo a poderosa Google garda con esmero o noso historial
web, pero non sen antes mostrar a miña solidaridade co pobo francés, polo
atentado ocorrido onte en Niza.
Vale…! Xa un se sinte impotente, cheo de rabia, dor e
tristeza. Basta xa!
A todos os que nos gusta a
tecnoloxía e vivimos rodeados dela, resúltanos canto menos curioso, que na
actualidade aínda exista xente que prescinda por completo de todo tipo de
software máis alá do mando da tele. Xente que lles da o mesmo que certos
dominios estén ou non rexistrados en Google Apps, que os enxeñeiros de Java, Cocoa ou HTML cambien a programación
pola xardinería ou que caia o servidor central de Google, sempre e cando non
caia enriba deles…!
Quero falar dunha ferramenta
que fai relativamente pouco a toda poderosa Google lanzou, chámase “My Activity”
de momento non é moi popular porque a peña está liada con outras “cousas” pero
xa será… Con ela non só podemos ver o noso historial web, se non que temén nos
deixa borrar algunha que outra entrada incómoda, desas das que no seu día
fixemos dende o lado máis escuro, poñendo en jaque a nosa reputación cara ós
idolatradores.
Google sabe de nós todo o que
quer e algo máis. Sí, todo o que poidamos imaxinar é pouco, o curioso é que se
basa en datos que continuamente aportamos, ben nos, amigos, veciños,
coñecidos ou calquer pirado por aí. Todo vale, unha búsqueda, unha localización, un like, unha etiqueta, un hashtag, etc. Como non temos unha
memoria de elefante con procesador Core i7 para analizar consecuencias, só
vemos o que nos parece, pero podemos estar tranquilos, “ELES” saben todo de
“NÓS” Dende aquelas primeiras palabras tímidas no navegador, ata calquer vídeo Disney
ou porno visto en Youtube, pasando por Picassa, Chrome, Gmail, catro paridas en Android,
e o picadeiro xeolocalizado dos sábados pola noite, con Google Maps. A estes de
Silicom Valley “témolos” de volta e media. Así de simple!
Pararse a pensar ata que
punto Google pode ter información sobre NÓS?
Por exemplo: Por que ten que saber
o tempo que pasamos coa parella na raposeira…?
Vale! Ti eres dos que
desactivas a xeolocalización cando te pos a ello… Xa, non digas máis…!
Disfrutade do finde.
Comentarios
Publicar un comentario