Publicacións

Rectificación e biselado de trastes

Este post consta de dous enlaces, o primeiro fai referencia ao biselado de trastes e o segundo ao rectificado. Biselado de trastes Rectificado de trastes

Uns días na capital

Imaxe
Fai dúas semanas pasei coa familia uns días en Madrid, teño que dicir que é unha cidade espectacular e máxica tanto de día como de noite, especial para ir de compras, eso sí, co bolsillo ben cheo, porque a tentación anda por todos os lados. Só lle falta unha praia de area fina para pegarse un chapuzón ou simplemente tomar o sol. Aquí vos deixo unha pequeña mostra. Estátua do oso e o madroño na Porta do Sol Porta de Alcalá Aquí me tendes no mesmísimo Km 0 Palacio de Cristal (Parque do Retiro) Interior Palacio de Cristal Praza de Alfonso XII (O Retiro) O lago do parque do Retiro Praza Neptuno Templo de Debod Praza Maior Porta do Sol Cibeles Porta de Alcalá Praza Cibeles Museo arqueológico nacional Porta do Sol Nesta especie de púlpito con dimensións reducidas, atópase a representación humana dunha divinidade inmortal, o rei dos deuses do Olimpo, encargado de supervisar o Universo.  

A elección de trastes

Imaxe
Pódese dicir que a alección dos trastes é un tanto particular, xa que a masa e a rixidez influen no tono e no sustain, dar coa combinación perfecta non sempre é doado. Os materiales máis usados para entrastar as guitarras, adoitan ser aceiro e alpaca, ningún dos dous é mellor que o outro. Os trastes de aceiro duran toda a vida, polo que posiblemente non faga falta entrastar, o máis probable é que a guitarra chegue a terceira idade con eles, este tipo de trastes ofrecen un audio máis metálico, hai xente que lle gusta iste efecto, e hai xente que por este mesmo motivo os evita. Por outra banda os trastes de alpaca ofrecen un son máis cálido pero gastánse antes.  Neste caso como en moitos outros, o tamaño importa, pero non llo imos preguntar ao negro do WhatsApp, xa que posiblemente a súa resposta non sexa correcta para todos. Estas son as medidas de traste para unha MANFER Style PARA VER O VÍDEO DO ENTRASTADO PINCHA AQUÍ

As marcas de trastes a escuras non se ven.

Imaxe
É sabido que a evolución da guitarra, en certo modo fai perder a esencia da guitarra española.  O paso dos anos fixo que a guitarra evolucionara en varios aspectos, unha das melloras foi a incorporación dun mástil regulable, como é o caso das guitarras eléctricas e acústicas ou a incorporación dun piezo eléctrico con cordas metálicas, persoalmente esto non o considero un avance pero sí un agregado que se alonxa da guitarra clásica como tal.  Entre os engadidos hai un que si me chama moito a atención, como son as marcas de traste, estas son unhas incrustacións que se poñen no diapasón nos trastes  3, 5, 7, 9, 12, 15, 17  a modo de referencia,  aínda que cada quen ponnas onde lle conveña.  Os materiales máis usados son:  plástico,  madeira,  nácar,  madreperla,  óso etc.    Estas que estou utilizando son de Abulón, un molusco mariño de concha nacarada.  As marcas de trastes ou os inlays (como lle chaman ingleses e yanke...

Rebaixe e coroación dunha mandolina

Imaxe
Unha mandolina bluegrass cos trastes desgastados polo uso, necesita dun rebaixe de trastes coa posterior coroación. Aquí vos deixo o enlace ao video en YouTube. Que o disfrutedes! Ver o vídeo pinchando aquí

Técnica para DIAPASÓN

Imaxe
Chegou o momento de dedicarlle tempo a unha das pezas máis importantes da guitarra, como é o diapasón.   Esta peza é onde se insertan os trastes, e cubre o mástil dende a pala ata a roseta. Ten unhas medidas de 52mm na cejuela e 63mm no traste nº 12.  A súa madeira, ademáis de ser estable a cambios de temperatura e humidade, ten que ser dura, de alta densidade.  Hay moitas madeiras que cumpren con estas características, como son:  Palorosa, Granadillo, Arce, Ciricote ou Cocobolo, entre moitas outras, aínda que as que verdadeiramente se levan a palma son o Ébano e o Palisandro.   O sonido da guitarra depende de moitos factores, un deles é a combinación das madeiras que se utilicen nas distintas partes da guitarra. Este conxunto determinará en gran medida o son do instrumento.    Neste traballo hai varios puntos a considerar: O primeiro, antes de nada, é tapar a boca da roseta, para que a caixa armónica non se encha de impurezas.   Debido a que o má...
Imaxe
Según a RAE, "ELEGANTE" é estar dotado de gracia, nobleza e sencillez, para Giorgio Armani é simplicidade e naturalidade, para Coco Chanel, a máxima espresión da elegancia, culmínase cando o que hai dentro é máis fermoso que o de fora (¡interesante reflexión!) Por outra banda, a elegancia é esquecer o que un leva, eso di o tan laureado deseñador Yves Saint Laurent, non serei eu quen lle diga que non! Tamén se escoita que a elegancia, é a gracia e delicadeza coa que se move unha muller. Deixémolo aí! O que teño claro é que a elegancia e a clase, son dúas cualidades que van unidas da man, unha tira pola outra, son totalmente innatas, aínda que moita xente pensé o contrario, a elegancia témola dentro, pero para mostrala, antes hai que espremela, por dicilo dalgún xeito, hai que aprender a traballala. Curiosamente, a elegancia é algo que todos perseguimos, oes! Que será o que ten, para que todos queiramos ser elegantes. Logo de tantos anos dándolle duro, e sen resultados evidente...