As marcas de trastes a escuras non se ven.
É sabido que a evolución da guitarra, en certo modo fai perder a esencia da guitarra española. O paso dos anos fixo que a guitarra evolucionara en varios aspectos, unha das melloras foi a incorporación dun mástil regulable, como é o caso das guitarras eléctricas e acústicas ou a incorporación dun piezo eléctrico con cordas metálicas, persoalmente esto non o considero un avance pero sí un agregado que se alonxa da guitarra clásica como tal.
Os materiales máis usados son: plástico, madeira, nácar, madreperla, óso etc.
Estas que estou utilizando son de Abulón, un molusco mariño de concha nacarada.
As marcas de trastes ou os inlays (como lle chaman ingleses e yankees) poden chegar a ser verdadeiras obras de arte, pero tamén é certo que non todas as que se ven por aí, son incrustacións, moitas delas son simples pegatinas desempeñando a mesma función.
Considero que as marcas son algo útil para aprender a tocar o instrumento, aínda que recoñezo que pode chegar a ser un problema.
Por un momento imaxínate que estás actuando en SÍDNEY na OPERA HOUSE ou en LONDRES no ROYAL ALBERT HALL, ou no PALACIO DE BELLAS ARTES de MÉXICO, ou sen ir tan lonxe, mesmamente no AUDITORIO DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
De repente márchase a luz deixando o escenario na penumbra e a música non para. Os das marquiñas de marras, xa terían un problemón. A escuras non se ven as marcas.
Comentarios
Publicar un comentario