Según a RAE, "ELEGANTE" é estar dotado de gracia, nobleza e sencillez, para Giorgio Armani é simplicidade e naturalidade, para Coco Chanel, a máxima espresión da elegancia, culmínase cando o que hai dentro é máis fermoso que o de fora (¡interesante reflexión!) Por outra banda, a elegancia é esquecer o que un leva, eso di o tan laureado deseñador Yves Saint Laurent, non serei eu quen lle diga que non! Tamén se escoita que a elegancia, é a gracia e delicadeza coa que se move unha muller. Deixémolo aí! O que teño claro é que a elegancia e a clase, son dúas cualidades que van unidas da man, unha tira pola outra, son totalmente innatas, aínda que moita xente pensé o contrario, a elegancia témola dentro, pero para mostrala, antes hai que espremela, por dicilo dalgún xeito, hai que aprender a traballala. Curiosamente, a elegancia é algo que todos perseguimos, oes! Que será o que ten, para que todos queiramos ser elegantes. Logo de tantos anos dándolle duro, e sen resultados evidente...
Publicacións
Sexo, química amorosa e marcas de dominación social
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A noite pasada tiven un soño! Sí, un soño deses de AMOR, non sei se atraído por como medran os portales de citas, ou pola contaminación atmosférica. O caso é que, pasoume pola cabeza crearvos un perfil web e buscarvos parella a cada un dos que visitades este blog. Menos mal que de repente volvín en min e recapacitei, vin que alí, non era ouro todo o que relucía, e dei para atrás. O que menos quería era que levásedes un chasco online. Buff, vaia putada!, non me quedaría nada por oir… De súpeto, ao cruzar a porta dos ramilletes dourados, presentín que algúns dos que estábades alí, tíñades cara de oscuras intencións, outros ben parecía que buscábades sexo, e outras tranquilidade; o que ven sendo un amor para toda a vida, ata había algún exhibicionista no medio, e tamén había quen estaba por estar, catro ou cinco ciscados tíñades cara de visitante de museos e algúnha que outra de dominación social. Este presentimento non fixo outra cousa que asolagarme de preocupación. Con tanta trasfega, ...
Procedemento para encolar o fonda da guitarra
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
PROCEDEMENTO DE VERIFICACIÓN DA INCLINACIÓN DO MÁSTIL
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
PASOU ONTE!!! A min, verdadeiramente doume igual que Belén Esteban tirase a auga da caldeirada pola ventana, que Kiko Matamoros fixera gin-tonics con ela, que Aramis Fuster a usara como auga bendita ou que a Pantoja lavase os pés con ela, doume absolutamente igual. Non me quero imaxinar, o que farán coa borra do café o próximo sábado…! Tamén é verdade que detrás de todo esto, ten que haber algo no que se base todo este repertorio de feitos pouco probables. Non é outra cousa que intentar acaparar a túa atención, para decirche que acabo de publicar en YouTube, o meu último traballo, pero xa che aviso! Nada que ver coa auga da caldeirada, e moito menos coa borra do café…! Teño que confesar, que estiven tentado en poñer pestañas postizas e pintar as uñas pero non o considerei necesario. De todas formas, aquí che deixo o enlace por se acaso…! https://youtu.be/JLXMujKu7yU
Adaptando o fondo da guitarra
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Zoquetillos, reforzos e cadenetas
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións