Publicacións

Adaptando o fondo da guitarra

Imaxe
 No seguinte enlace a YouTube, mostro as últimas actuacións no fondo antes de encolalo. Pincha aquí para ir ao enlace    

Zoquetillos, reforzos e cadenetas

Imaxe
A beleza está no interior, se non que llo pregunten aos zoquetillos, aos reforzos ou ás cadenetas. Pincha no enlace para ver o vídeo en YouTube

O ensamble da guitarra

Imaxe
Chegou este día tan agardado e expectante tamén, chegou o momento de unir tódalas pezas e que coincidan… Chegou o momento do ensamble, un procedemento vistoso e de moito tino, que agacha horas e horas de traballo, horas que resumo en minutos para todos vós. Agardo que o disfrutedes. PINCHA AQUÍ PARA VER O VÍDEO UN SAÚDO

Cepillo Guillame

Imaxe
Moi boas a todos. Que tal como estades? Benvidos e benvidas a PAPARRODA un día máis. Cepillo Guillame   Iste post trata sobre a artistada que rematei esta semana, un cepillo Guillame, un útil que ademáis de cortar como un condenado, dispón dunha peculiaridade soberbia, ter a folla de corte tan ancha como a caixa, polo que se fai especial para algunas labores concretas.    No seguinte enlace a youtube, mostro a técnica a seguir.        https://youtu.be/VBLvpfnVHI0   A bestia

Varetaxe

Imaxe
Neste vídeo mostro a distribución da varetaxe, utilizo o sistema que ideou o lutier almeriense Antonio Torres en 1884. Sen sabelo, establecía unhas pautas a seguir para o resto dos lutieres, tanto aficionados como veteranos. Ademáis de aumentar o tamaño da caixa de resonancia, deixou como legado o sistema de distribución de varetas en forma de abanico. Podes ver o vídeo pinchando  AQUÍ

O fondo da guitarra

Imaxe
O fondo da guitarra é a peza que cerra a caixa armónica pola parte traseira, está feita da mesma madeira que os aros e tamén cumpre como reflector do son que produce a tapa armónica, afecta ao timbre. É unha parte tan importante como outra calquera, todo depende da importancia que se lle queira dar as cousas. Antes de poñerme co encolado das barras, lixo con grao 500, 600, 800 e 1000 aproximadamente cinco minutos con cada un deles. Para encolar as barras utilizo a soleira MANFER Style, esta ten unha curvatura de radio 6000mm que ven sendo 3mm na parte central (debaixo da ponte). Observar detalle da forma abombada nas seguintes imaxes. Motivo polo que ás barras hai que darlles esa curvatura natural (copia exacta da base da soleira) Para manter unha presión constante e uniforme durante o tempo de secado, utilizo o sistema de canas que persoalmente considero que vai fenomenal. Para o fondo utilizo a mesma madeira que os aros, Palosanto da India, a xunta é de sicomoro, as barras de abeto A...

Anselmo e Rosa — Convivencia non marital

Imaxe
Anselmo e Rosa   Índice Despois de case 12 anos de puro cortexo, 60 foron os días que durou a convivencia non marital de Anselmo e Rosa.  Neste relato narro as principales causas que levaron á parella a cortar o achegamento. Convivencia non marital Anselmo e Rosa sempre viviron cada un cos seus país, ata que fai mes e pico deron o gran paso de independizarse e ir a vivir xuntos. Alquilaron un primeiro piso con balcón e toldo amarillo limón, acorde ás necesidades e preferencias dunha parella sen fillos, nunha rúa totalmente adoquinada, reconfortable e moi acolledora, plagada de escaparates e terrazas salpicadas de sombrillas. Todo pintaba xenial!   Rosa é unha muller, ambiciosa,  atractiva e tan elegante e fina como o algodón de Cretona, a súa melena de rizos victorianos contrasta coa vestimenta enlutada que adoita usar. É unha muller que toma os cosméticos en serio, así como todos os  demais  trucos de beleza que a fan sentir elegante e segur...