Ata Noia disfrutando da paisaxe


Ola amigos da bici, estou organizando unha marcha cicloturista dende Ribeira a Noia (polo Porto do Son ida e volta); para o vindeiro 9 de agosto, todo aquel que esté interesado/a en participar pode facelo, aquí non hai cuotas nin taxas, basta coa presenza e gañas de pedalear 35 Km para cada lado, pódese facer tanto en bici de carretera como BTT xa que rodaremos a un ritmo de disfrute da paisaxe (baixo)  ±20Km/h de media. 

Pararemos en Noia a tomar o “vermú” cada un pagará a súa consumición, polo tanto levade pasta se non queres lamber a lata. Como a miña intención é concertar unha terraza para os artistas, sería interesante a confirmación de asistencia (máis que nada para ter onde sentarse); ben mo podedes notificar a través dun comentario neste post, ou nun correo a paparroda@gmail.com os máis tímidos.

Un saúdo.

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil