Publicacións

Blue

Imaxe
Quen vos diría non fai moito tempo, que dende que un se levanta ata que se deita, (e entra en razón) chegaríades a ter algo en común con aquela monxa violada por unha enfermeira preñada, ou con aquel chapero de lado buscando un pintor afeitado, ou por qué non, cun cura de zapatillas repartindo todo tipo de pastillas, xunto daquela rubia de bote tocándolle o culote daquél xubilado en calzóns mirando pra puta de zapatóns, na consulta daquel dentista cabrón esperando polo alcalde sin razón.  Un surtido variopinto de xentiña, si señor, uns con doble check azul e outros non, preguntándose… Por qué? aquela sinrazón.   A nivel informativo, o doble check azul aparece cando  o voso contacto ten actualizado o Whatsapp, por eso uns si e outros non, polo tanto actualízate papón/ona. Que teñades un moi bo fin de semana.

Por terras de Abanqueiro

Imaxe
Xa ben pasaba das nove cando saín da casa con choiva como único acompañante, eso si, os dous con intención de dar moita caña e ben dito ben feito, ainda ben non collera a velocidade de cruceiro cando xa os desagües estaban que temblaban. Pasando polo punto de encontró (por chamarlle dalgunha maneira, xa que alí non arrecendín a ninguén) seguín ata Boiro e terras de Abanqueiro, onde pinchei a “Place for One”  cambiei a cámara e volta para a casiña que a molladura por hoxe xa non estaba mal, e mañá é outro día. Tocaba quentar o corpo cun par de Cumbreros, un viño relativamente barato que se deixa querer como moitos outros, ese viño que ben souberon vender os taberneiros na década dos oitenta, aguantando dende aquela entre nos sin pena nin gloria.

II Carreira Pedestre de Rianxo

Imaxe
Día 1 de novembro, día de tódolos Santos  e tamén día de cans, un frío que pelaba con so ollar  aquel ceo  escuro cheo de nubarróns  perfectamente encapotado, e nós alí en Rianxo, naquela alameda estrada de follas secas  cheas de xiada logo da  noite á intemperie. Menos mal que para ir capeando esta ola de frío invernal, decidiron darnos unhas pezas de froita, unha barriña enerxética, un zume e un chocolatiño  quente ao remate da carreira, que xa non é pouco! o único do que se esqueceron foi elixir o "Tempo á Carta" hoxe o condenado doulle por vir  brilante e cheo de calor,  semellando un día deses de  vran cun bochorno que te cagas. (Sabe dios como traducirá Google esta frase) O chocolate quente sería un dato sen máis trascendencia se non fose polo día soleado e polas  gañas locas que un corredor ten de beber ao remate da carreira, e máis aínda se se atopa con que xa non queda auga en botellins. Digo en botellíns porque unha ...

Desafíos mes de novembro

Imaxe
Hola compañeiros!!! Xa están preparados os novos desafíos de Endomondo tanto de Running como de Ciclismo para este mes de novembro. Para aqueles que non estén enterados, que sepades que son libres e de balde. Ánimo!!! apúntate a vida saudable A Falta dunhas horas para que rematen os desafíos do mes de outubro, estas son as clasificacións. Noraboa a todolos participantes!!! SORPRESA!!! Vaia competitividade hai no posto de cabeza nas últimas horas no desafío de ciclismo, intercambiando posicións entre o primeiro e segundo posto, aquí vos deixo a clasificación difinitiva do mes de outubro.

Infernal

Imaxe
Nestas datas que corren, de tanto Hallowen e tanta Castaña, considerei oportuno mostrarvos “Infernal” un relato baseado na súa totalidade en feitos reais, traéndovos unha recopilación de frases das lápidas que me atopei no camiño, ó mesmo tempo que iba andando e avistando aquela porta enorme, raída e veteada do inferno. Aquelo estaba todo escuro, pisado con louzas de mármore negro cheas de frases con letras deslumbrantes, sorteando as pisadas entre aqueles difuntos esparcidos, tendidos como mal tirados e desachegados. Aquelo era todo un desconcerto, mesturando choros, gritos e llantos con silbidos, risas e gargalladas. Sorprendeume que entre aqueles tantos centos de inscricións, nun gran surtido de línguas como  árabe, hebreo, finés, inglés, francés, alemán, hasta en turco, italiano e tafilete, non atopase ningunha en galego. Sorprendente!!! Será que no inferno non hai galegos? Paréceme raro…!!! Estas son algunhas das frases que o longo do camiño fun traducindo para que vexade...

Colmado de sal

Imaxe
Hoxe na volta matutina que fixen en bici, atopeime o muelle de Santa Uxía de Ribeira repleto de sal, fixen unhas capturas que posteriormente editei con un falso HDR. Ainda non sendo partidario do uso desta técnica, fíxeno pensando en vós, espero que vos gusten. Un saúdo a todos que pasades por aquí.

XXXVII Carreira Pedestre Popular de Santiago

Imaxe
Era visto que a carreira de hoxe en Santiago, non podía pasar desapercibida nin doutra maneira que non fose xenial, xa solo de participantes eramos uns cuantos milleiros, (5893 para ser máis exacto).  Alí atopeime con compañeiros de vellas e novas batallas, admirable como patean eses “chispóns”.  O meu dorsal foi o 2478, (o dorsal co número mais alto de toda a miña vida deportiva). Tardei 01h:04m:10s en cruzar a liña de meta, acadando o posto 2709 a un ritmo de 05m:21s kilómetro.  Aquí vos deixo unhas imaxes do evento. Imaxes atopadas na web Aguantando o ritmo como un campeón Imaxe publicada por Jmdobarro