Garrafas de estraperlo

Muelle Fenicio de Aguiño
Menos mal que xa ninguén pregunta polos fenicios, máis de un tería que botar man da wikipedia para saber si son fieitos ou árbores de folla caduca. Vergonzoso pero certo.

Cada un coa tranquilidade da súa conciencia…

Vaia sorpresa levaron eses poucos, cando superon que non era froita nin pintura.  Aparte de navegantes e mercaderes eran uns aventureiros de medo. Xa fai máis de 2000 anos que se columpiaban polo Barbanza, de feito en Aguiño consérvase un muelle donde os artistas facian trapicheos de mala morte, eles nunca zarpaban coas mans baleiras, levaban de todo; (e o mellor marisco da ría tamén) ían cargados de nécoras, luras da Ameixida e unha farta de navallas da Catía, mazando máis de catro polvos do Carreiro e non sen antes largar trasmallo no Falcoeiro.

Eles xa marcharon e de legado, deixaron un muelle que sobrevive ás inclemencias dos siglos, aguantando temporais con encontros pasionais, un muelle que na actualidade está máis abandoado que un pantalón acampanado.

Unha lenda ancestral conta que co permiso de Berobreo, estes fixeran un pasadizo entre Couso e Sálvora, un pasadizo que na súa metade tiña unha especie de pedra vidriada con xuntas de cobre morado, que na alborada da lúa chea e a través  do reflexo do mar os  difuntos  afogados podíalos figurar.


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)