Adrenalina acompasada
Eran as cinco da mañá cando espertei ca mente apuntando un destino: PADRÓN, volta para aquí, volta para alá, e xa non volvín quedar a durmir, máis que nada imaxinándome a textura que tería a pócima que me agardaba na neveira (Isto dos cursos de nutrición é o que teñen). Parece ser, que antes de facer deporte, non se deben tomar lácteos, (o paisaniño deixounos ca boca aberta a todos) eso de tomar o ioguriño mailo leite con colacao e galletas “Fontaneda” nanai de la china, eso vaise a acabar. Ahhhh!!! E ollo coa leite de soja aqueles que temos pilindrín; e mellor deixarllo pa elas, para as féminas. Pasado un bo par de horas, levanteime todo cheo de razón, e despois de mil casos repetidos, collín a “Place for One” e tira millas, eso sí...; acompañado dun vento jodón boa parte do traxecto, en contra para alá e en contra para acá, ainda que coa dosis de adrenalina acompasada que levaba, nin puto caso. A estancia en Terras de Iria, foi xustamente a precisa, sin rollos patateiros nin fin