Aprendiz de lutier - fase 4

Fai un mes que embarquei de cheo nesta fascinante aventura de construir un instrumento de corda, a miña sorpresa é que non só vou disfrutar da meta, xa que estou gozando do camiño dunha maneira inimaxinable, sinceramente, nunca pensei sentirme tan entusiasmado. A clave está únicamente en atopar a razón pola cal facer a viaxe, o resto ven só. 




17-02-18 
Con este par de cortes, feitos con total enxeño na base do mástil para incrustar o perfil, dou por concluida a primeira etapa do proxecto, dando paso a unha parte tamén moi bonita entre aros e tapas.





14-02-18 
Xa chegou a primeira modificación do proxecto, debido a un erro por falta de experiencia, pero como rectificar é de sabios, non pasa nada! Vamos a ver que a altura do mástil, ten que ser igual a altura do aro (perfil) + a altura da tapa armónica, de aí que para acadar a altura necesaria tiven que añadir esta peza de 3 mm a modo de tacón. A tapa armónica máis o mástil, teñen que quedar no mesmo plano para posteriormente unir co diapasón ámbalas partes. 


Este conxunto de labras en forma de corazón e flecha, é en honra a San Valentín


Complemento o explicado con esta ilustración



13-02-18 
Gústame como quedou rebaixada a zona dos clavixeiros, deixando un nervio lonxitudinal ao longo da pala (estilo tellado xaponés) co fin de que esta non perda resistencia. 




12-02-18 
Aínda sendo luns, mereceu a pena levantarme con toda a ansia para dedicarlle unhas horiñas á pala, o aproveitamento foi total.  






Este desnivel entre mástil e pala é para colocar a cejilla ou cejuela, outra maneira sería incrustalo no diapasón a modo de traste cero, pero dese modo non me gusta.


















Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)