De festa en festa

Xa pasou o verán e con el as festas, que dalgún xeito todos disfrutamos, moitas delas xa suman non sei cantas edicións e están declaradas de Interese Turístico, que non é pouco.

Pero entre todas, hai un tipo de romarías que me chama moito a atención, son as basadas en épocas históricas, xa que reúnen  artesanía, gastronomía, mercado e folclore. Dalgún xeito trasládanme ao pasado, que tampouco é pouco.

Tamén hai outras que non representan ninguna época en concreto, pero reúnen os ingredientes que me gustan, como é o caso da mariñeira, a do marisco ou a do viño.

A pesar de que cada ano que pasa, este tipo de festas gozan de máis adeptos, teño que decir que hai moito que mellorar, xa que se as comparamos con aquelas que se celebraron na comarca do Barbanza xa fai unha porrada de anos, vemos claramente que non melloraron en nada, en tal caso a peor, eu diría que quedaron estancadas! É certo que segue habendo de todo, charangas, degustación de pratos, exposicións, actuacións musicais, talleres de artesanía, espectáculos con lume,  bailes, desfiles, tiro con arco, cetrería, mercado e moitos carterístas. Eso sí, nunca faltará o pulpeiro, un posto de empanadas nin tampouco un tenderete con carne a brasa, que a priori ten unha pintaza que ni os cans, se non que llo digan os que meten entre peito e espalda aquel churrasco que leva media mañá ao sol... Non falemos do polvo nin das moscas que pasaron por el... Éche ben verdade que o que non mata engorda!
Por min, xa pode ter a mellor salsa "Chimichurri" do mundo!

Algo curioso sobre este tipo de festas, é que da o mesmo que a festa sexa castrexa, normanda ou do medievo,  o engalanado das rúas e a vestimenta dos actores sempre é a mesma. Pregúntome eu que fai un troglodita nunha festa Medieval, un tipo disfrazado de “juglar” nun escenario Celta, ou escoitar samba na festa Vikinga. Se un mercado medieval non ten nada que ver cun mercado celta, por que se venden os mesmos productos? Está visto que o que importa é o negocio. Había que pulir o tema e ser un pouquiño máis  coherente. Todo o mundo ten dereito a gañar catro pesos, pero que fai un posto de “perritos calientes” ou un de fundas para móbiles nun escenario celta?  
Que non falten “Los 40 principales de fondo” como no mercadillo de calquer sábado, vamos!

Os periodos históricos están marcados por acontecementos e feitos relevantes, por eso me sorprende mogollón, as poucas festas que se celebran (na nosa Terra) en mención aos romanos. Como se non pasaran por aquí nin tivéramos nada que mostrar deles, meus pobres! matáronse vivos a facer pontes e calzadas para nada. Xa non digo os fenicios, que chegaron a Aguiño, construíron o muelle e punto.

Tódalas festas teñen o seu encanto, o malo son os xardíns, as rúas e o mobiliario urbán, que son os que pagan a volta, prantas destrozadas, rúas mexadas e contedores queimados.
Que falta de concienciación no campo de batalla...

Tamén é importante que a xestión de servizos (sobre todo o de limpeza) sexa acorde á masificación, o que é inconcebible é que estén as rúas sucias e as papeleiras desbordadas, por moita chilindrada que haxa.

Festa sí, limpeza tamén (por parte de todos).



Aproveito este post para deixar o enlace do meu recuncho. 




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil