O almorzo de Ramiro
Base imaxe: Pinterest Editada con Pixlromatic |
Descoñezo o motivo que leva a Ramiro a frecuentar sempre o mesmo local. Unha cafetería(1) que exceptuando unha ubicación privilexiada de moita luz, non
se lle ve outro aliciente que invite á entrada, nin café, nin vistas, nin fasquía,
nin tampouco unha camareira que deixe pasmado. Como non sexa que vive no mesmo edificio...?
Ramiro non é un tipo deses como todo quisqui, que cando almorza na cafetería ocupa unha mesa, que va! El é home de barra, chégalle con séntase nun
taburete arrimado ao mostrador e xa está, pero eso sí, para meter entre peito e
espalda, un simple café con leite, fai un despregamento que nin os cans, ben se pode dicir que enche o mostrador de metralla. Á súa
ezquerda a boina, o estoxo das gafas, a chave do Mercedes e o móbil, á dereita o xornal Atlántico na
sección deportes (cabe destacar que é un acérrimo seareiro do Celta) e no
centro un tazón de café, unha chocolatina (gallardía da casa) e dúas
magdalenas.
Sen probar bocado, e coa vista cravada no xornal, estes son os pensamentos que o invaden:
“Outro
día máis...”
“Que
aburrimento de vida”
“Aquí
non cambia nada...”
“A
mesma xente, o mesmo camareiro, o telediario de sempre e os 40 principales de fondo...”
“Que
bonito era daquela, cando almorzaba coa familia...”
“Daquela cando o que non poñía o tazón, cortaba as laranxas...”
“Daquela
cando compartía cos meus, as primeiras risas do día...”
"Que tempos aqueles...“
"Que tempos aqueles...“
“E
agora, toca aguantar os chistes baratos deste paspán de camareiro...”
“Risas forzadas“
“Frases feitas“
“Magdalenas duras como garrotes"
“Risas forzadas“
“Frases feitas“
“Magdalenas duras como garrotes"
“Cada vez que penso naquelas rebanadas de pan con marmelada de albaricoque...“
“Danme gañas de coller as magdalenas e esparrarllas na cara ao mamón este”
“Danme gañas de coller as magdalenas e esparrarllas na cara ao mamón este”
“Aínda
que...”
“Meu
pobre...“
“Como se el tivera culpa”
- “Que! D. Ramiro, sei que está interesante a noticia, que non pasa páxina! Vaille arrefriar o café…!”
“Como se el tivera culpa”
- “Que! D. Ramiro, sei que está interesante a noticia, que non pasa páxina! Vaille arrefriar o café…!”
“Que
mamarracho de tipo, coño…”
“Está
visto que non hai mellor cousa que almorzar na casa…”
“Tranquiliño sen problema de ningún tipo…”
“Polo
menos, sen oir parbadas…”
“Xa
está! De aquí en diante almorzo na casa,”
“Aínda
que teña que almorzar só, xa que pola semana, cada un levántase a súa hora e o
fin de semana… Con tanta marcha… Quen levanta os que se acaban de deitar…”
“Pero é
igual!”
“Xa o
teño claro!”
“Aquí
non veño máis…”
“Que lle den ao mamarracho este“
“Que lle den ao mamarracho este“
“A partires de mañá almorzo diante da tele co meu pixama de Piolín"
“Jajaja!”
“Voume meter
unha sobredosis de rebanadas de pan con marmelada de albaricoque, como daquela”
- “D. Ramiro sei que está graciosa a noticia que se ri só?”
- “D. Ramiro sei que está graciosa a noticia que se ri só?”
“Serás papahostias…”
“Pero... eu para que virei aquí?”
“Para que carallo pisarei este antro?“
“Para que carallo pisarei este antro?“
“Non che aguanto machiño"
"Non sei que será peor, si ti ou o ruido da cafetera ao quentar o leite"
"Non sei que será peor, si ti ou o ruido da cafetera ao quentar o leite"
“Non me estraña
que me doia a cabeza o resto da mañá”
“E total para tomar o leite frío”
“Se non fose porque na casa teño que recoller todo, lavar
a cacharrada e deixar todo limpo…”
“Por algo se inventaron as cafeterías…”
“Aínda que pensandoo ben, estas magdalenas tampouco están
tan mal…”
“Cominas peores…”
- “D. Ramiro aí lle vai o autobús escolar, e vostede aínda así!”
- “D. Ramiro aí lle vai o autobús escolar, e vostede aínda así!”
Comentarios
Publicar un comentario