Recordando olores
Este post, no que vou tratar sobre as curiosidades olorosas da vida, quero adicarllo ao compañeiro incrédulo Sr.
Juan Vázquez, que entre respeto, dudas e risas, alá segue sen creer o que eu tal
escribo.
Nin que o sofá fose de skay!
Ben certo é que vivimos rodeados de miles de olores (as veces máis dos que
quixéxemos); pero os que vou tratar neste post, teñen o denominador común de AGRADABLE. Aínda sendo así, a súa apreciación é totalmente obxetiva, debido a que está influenciada por multitude de
aspectos, como poden ser o estado de ánimo, a opinión do veciño ou simplemente a cagarría mental que se teña
ese día. Este feito fai que o mesmo perfume resulte agradable, desagradable ou simplemente
nin fu nin fa, por moito que as multinacionais se empeñen en que o seu último
producto nos guste a todos.
Debido a sensibilidade que temos, non existe patrón que se axuste a tódolas
narices, cada persoa coas súas preferencias é un mundo, polo tanto non nos debe
extrañar que o que lle fascina a uns, outros non poidan nin cheiralo.
Deixando a gasolina aparte, e entrando de cheo nos bos olores, a quen non
lle gusta o aroma das palomitas recien feitas ou as roscas da Maricola recién
saídas do forno?
Eu como non me criei en Quebec, Houston, Stuttgart nin Pamplona, que me
criei nunha auténtica aldea galega, tiven a sorte de vivir multitude de
experiencias cos seus correspondentes olores asociados, que a día de hoxe aínda
gardo nas pituitarias e de seguro vos deleitasen, digo deleitasen falando en
pasado, polo simple feito de que é pouco probable volver a vivilos.
Un deles corresponde ao olor percibido nada máis cruzala porta das tabernas
ou dos famosos ultramarinos da época, cando estes tiñan froita de tempada, o
olor daqueles repinaldos, pexegos, claudias, ou peras, era espectacular! Agora
a froita xa non arrecende como daquela, só hai que entrar nunha froitería para
darse conta de que o único rastro de aroma frutal que hai, é o do ambientador
ou o perfume da dependenta, no mellor dos casos! Que triste!
Outro olor moi particular é o desprendido polo forno de pedra, chegado a
temperatura acadada, branco e quente como un rixón logo da quenta dun bo
ascueiro. Tamen resulta curioso ver como cambia de cor según a temperatura.
Un olor agradable e sorprendente ao mesmo tempo, era o do muiño logo de que
a moa bourase un bo cacho sen millo.
Por último e recordando un pouco máis alá, queda falar do olor producido
polas xintoiras, estas eran unhas pezas
de madeira de carballo, que abrazaban o eixe do carro coa única finalidade de
frenalo polas costas abaixo.
Non sei se era pola abundancia de exemplares de cereixeira na zona, ou por
outro motivo que descoñezo, alá onde eu nacín os eixes dos carros facíanse de
cereixo. Cando estes baixaban cargados polas ladeiras, a fricción que exercían
as xintoiras no eixo, desprendía un olor
moi peculiar e pracenteiro. Había que vivilo!
Unha pena que a tecnoloxía da época non dispuxese de captador de olores!
Comentarios
Publicar un comentario