Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2016

Dous anos de blog

Imaxe
Quen iba a pensar que aquela ilusión que tiña o escribir o primeiro post, chegaría ata aquí intacta? Nestas datas, Paparroda cumpre dous anos . Todo gracias a vos, por estar ao outro lado, dándome forzas para seguir escribindo e publicando cada semana. Logo Paparroda Recoñezo que como afección, escribir en Paparroda  é algo que verdadeiramente me fascina. Aproveito o tempo de “mirar a tele” para coller o iPad e disfrutar como un cosaco tecleando que che tecleo, narrando algo que me chifle e me guste, algo para vos. Neste último ano houbo cambios, como non! Un deles foi o logo, quixen algo máis dinámico con liñas simples e facilón de recordar, algo máis coqueto vamos! Coa única finalidade de seducirvos, se vos gusta tanto como a min, conseguino! A min apasióname! Por outro lado, Chrone  cun 31% foi o navegador que desbancou a Firefox  que ocupaba este mismo posto o ano pasado, o Sistema Operativo que máis pasa por aquí sigue sendo Windows cun 39% outro ano consecuti

A sombra tatexante

Imaxe
Infografía simulando a fachada de Sabores Feiticeiros Ola! O meu nome é Andrés, son natural da Pontella do Rodeiro, aínda que por motivos varios sempre vivín preto da capital, agora xa retirado, con canas, pantalóns rachados e netos criados, quero compartir con todos vós unha experiencia vivida xa fai algún tempo, nunha desas viaxes que se fan máis por compromiso que por vontade, unha viaxe que… Máis me valera ir a guerra do pan quente!  Corría aquel frío inverno do 2024 cando pisei por primeira vez o local que Nico tanto me recomendaba. Aquelo non era outra cousa que o típico restaurante de texturas e sabores virtuais . H oxe están en decadencia, pero fai uns anos, ben fose por chulería, pompa ou curiosidade, todos frecuentábamos. O importante deses locales, era lucir tipo, aparentando cultura gastronómica, coa intención de facer boca auga aos teus invitados. Un arte culinario máis!   As gafas RV do momento, xunto dun par de pastis sensoriais , eran suficientes para comer e b

Rianxeira amigos e palmoeira

Imaxe
Se na actualidade pouca xente sabe o que é a palmoeira,  difícil o teñen os que lle tocou vivir en Madrid, no barrio Salamanca ou mesmamente na Moraleja. Primeiro porque o Diccionario da Real Académia Galega non recolle este término, e segundo porque cada día quedan menos vacas (no mellor sentido da palabra). Cando a vaca estaba no periodo de lactación (recén parida); cargaba o ubre de máis leite do que o pucho quería mamar, a consecuencia deste feito era que a leite volvíaselle espesa, moito máis cremosa, dificultando así a súa saída, coa consecuente inflamación das glándulas mamarias (mamite). A solución que había na aldea para este mal, era masaxearlle o ubre cun trapo impregnado dunha mestura morna de manteiga, unto, touciño vello derretido, romeu e allos machacados. Os labregos ante esta situación de que a vaca estaba débil, coidaban en non poñela ao carro, deixábana quietiña na corte, estrada con palla de centeo. Esta é unha das moitas palabras que van quedando en desuso, aínda

Lucindo o chaquetón

Imaxe
Logo da caldeirada de choiva que levamos e despóis de tanto implorar uns raiolos de sol, hoxe pódese decir que dende que empezou o ano, foi o día máis soleado que tivemos. Non fixo un día de picnic que digamos, pero si de saír aos parques, xardíns e paseos que temos ao largo da costa, ver caras alegres, bufandas novas e chaquetóns.  Paseo da Catía Punta do muelle, dende O Carreiro

DOMINGO A CABO

Imaxe
Se tamén eres un “ afortunado ” deses, que leva de can de palleiro dende que comezou o ano, pode que che interese esta saída cicloturista que faremos o   vindeiro domingo 17 de xaneiro a Cabo de Cruz . Podes vir con bici de montaña ou carretera, para o caso vai ser o mesmo, xa que circularemos amodiño, estirando as pernas e disfrutando da paisaxe en boa compañía. A marcha partirá as 9:30 dende a estación de autobuses de Ribeira. 50 Km de percorrido con unha duración estimada de 2h 50m. Hora e pico para alá, hora e pico para acá e o resto de parloteo, comentando a xogada. A participación é totalmente libre e de moca , pero tampouco contes con avituallamentos, lavabicis nin sorteos. Que decir cabe que tampouco haberá churrascada ao final. A comer a casiña! Nota: Cada participante é responsable da súa gilipollez e seguridade . Vémonos!

Posthumano

Imaxe
Posthumano! A palabra que cada día que pasa, máis de moda está. Que non a coñeces? Non te preocupes! Non pasa nada! Sigue así! Sen deixar de lado preferencias, sabes que neste mundo todo se basa en  prioridades, polo tanto, primeiro é o que é.  Vai ti a saber... ! Ó mellor co abrumado e  aturdido que che fai estar esa aplicación de smartphon, ata igual nin sequera che interesa sabelo… Para que meter na cacharola máis cousas que as do “grupo”! Para que ir máis alá...! Total...! Se polo contrario te consideras outra clase de individuo, máis responsable, dinámico e sen prexuízos, dos que lle da igual que o azul sexa dobre ou non, libre de ataduras smartphónicas, vamos! Se de verdade pertences ao outro “grupo” de seguro que che interesa o que está cocendo o ser humano nas altas esferas.  Por todos é sabido que no século pasado o Home desarrollou máquinas fiables e rápidas, parecéndose o máximo a el, capaces de sustituilo no traballo. Co paso do tempo o Home evolucionou e a t

Vive a túa fantasía

Imaxe
Agora que rematou o ano, é un bo momento para facer balance sobre do que fixemos ben e o que non tan ben, e non só eso, tamén do que deixamos no tinteiro con ganas de probar. Tamén é momento de plantearnos novos desexos e obxectivos a cumprir, que non sexa o de tódolos anos, apuntarse ao ximnasio e facer vida sa (catro días). Penso que hai que seguir buscando novos praceres, dándolle ao corpo o que pida, sen pasarse claro está!  Falando de praceres hai algo que me chama moito a atención, algo que nesta sociedade vívese cun hermetismo total, como pecado, se hai algún tema tabú , este é o primeiro, tomámolo algo así como se non fose con nos, pero as enquisas non din o mesmo,  din que ós galegos vailles o rollo (non coma os estadounidenses, australianos, ingleses ou italianos); pero sí como calquera outros. O curioso da custión é que tanto homes como mulleres , ninguén comenta nin fala deles, e moito menos declararse usuario. Entón que é o que está pasando? Será que os galegos som