Unha de rife rafe
Aguiño, Ponte Beluso, Noia, Baroña. Estes dous acaban conmigo... De ben pensado, ahí se pasaron todo o dichoso día de onte a ver quen lambía máis. Si un que xa fora, que o outro quería ir máis, nin o café me deixaron tomar tranquilo, eu no medio aguantando o temporal, tambalazo para aquí, tambalazo para alá, rompéronme a cabeza ata as tantas da noite, malo si acudía por el e malo si acudía por ela, aínda que no fondo, quen me dera cumprirlle o gusto os dous. (Algún día será) Logo de trastear toda a noite sabendo que todos os camiños dan a Roma, tamén quixen facer que hoxe, todos desen a Baroña, polo tanto desta deixei o running medio colgado e marcheime con ela, contento como un cuco e folgado como un can. Arriei as nove cun frío de campeonato, pero non tardei moito en darme conta de que non era o único tolo que fuxía da cama. Partín dirección Ponte Beluso e logo ata Noia pasando por Lousame, preto de chegar ao alto do Confurco casi medio atrapo a un grupo de tres ciclistas, que n