Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2017

Donald Trump en Baroña

Imaxe
O título deste post ben podía ser “Amansa Bestias” nel vou contar algo inédito sobre o Sr. Donald Trump, vou falar da    estancia que pasou en Baroña sen que a prensa rosa nin os xornais se enteraran. Donald Trump na entrada do recinto fortificado do Castro de Baroña O reloxo da cafetería marcaba as 9:45 cando o presidente a bordo do Air force one, e baixo un maior secretismo tomaba terra no aeroporto de Rosalía de Castro (ata ese momento descoñecíase se viña en plan de negocios ou lecer). Escoltado polas autoridades competentes e sen moito paripé, axiña chegou ao punto de destino, Baroña. Víase ansioso por facer negocios nesta parte da ría, beber Albariño e comer ben, de feito o primeiro que fixo nada máis chegar, foi recorrer os mellores locais de hostalería da parroquia e relacionarse coa xente do lugar cunha especie de castellano averiado, que quen lle dera a moitos! Dende O Pino ata Ínsua pasando polo Castro e Arnela, rematando cunha brisca na

PADRóN 10K 2017

Imaxe
O frío e a choiva non foron quen de impedir disfrutala carreira que o concello de Padrón nos brindou o sábado pasado. Unha carreira con tódolos alicientes para o pleno goce dun 10K. Boa compañía, bo ambiente e moita ansia por runnear. Os pretextos quedaran cos cabardes na casa, alí só se respiraba ambiente deportivo con gañas de pasalo ben. Que máis pedir…! Con tal atractivo ata a mesmísima choiva quixo facer acto de presenza, e non quedou outra que acostumarse a ela, aínda que sendo sincero, despois do pistoletazo de saída pouco me importou, non sei se foi pola apetencia de participar ou por estar no medio do bullicio pero fíxose tan natural que case non me enterei que chovía nin había charcos. Sí, tamén había a opción de vir para a casa co rabo entre as pernas e que a disfrutaran outros... De eso nada! Choiva "sufrimento" e gañas de leria Pouco antes de cruzala liña de meta con Clemente o cal me acompañou toda a carreira sen importa

Tarta de queixo con xelatina de fresa

Imaxe
Xa iba sendo hora que publicara un post relacionado coa gastronomía, os últimos foron o 22 de maio do 2016 e o 26 de decembro de 2015 Como cartalas patacas da tortilla  e  Mesturanza culinaria   respectivamente. Desta quero compartir con todos vos outra verdadeira exquisitez culinaria, se sodes de chicles de fresa, esta é a vosa tarta. Para a súa elaboración utilizo un molde desmontable de 26cm de diametro con papel de forno. Os ingredientes son: 500ml de nata para montar 500g queixo Philadelphia (2 tarrinas de 250g) 375ml de auga (vaso e medio) Un sobre e medio de xelatina Royal Unha cullerada sopeira ben abicada de margarina Dúas ducias de galletas Tres culleradas de azucre 50cm de papel de forno Básicamente a elaboración desta receita consiste en botar  a mezcla de xelatina, queixo e nata, encima dunha base feita de galleta, deixar arrefriar un chisco e rematar cunha capa de xelatina. Porteriormente meter no frigorífico un mínimo de 4 horas. Pasado este tempo xa v

Quen me dera correlas!

Imaxe
O post de hoxe, trata sobre algo que o seu uso como tal xa fixo tempo que estirou a pata, feito que a máis de catro lles provocou unha extraña sensación de non saber se rir ou chorar, por un lado a modernización (Dios nos libre que non viñera!) benvida sexa, e que non pare, por outro lado a perda de algo tan importante como son os vestíxios do pasado. Pero bueno, como decía o outro…:“A vaca ou os catro pesos, non se pode ter todo”. Corredoira do Tiro Está claro que co paso do tempo as cousas cambiaron. Se non que llo pregunten as  corredoiras , eses camiños estreitos que fixeron os nosos ancestros. Camiños enlamados que transcorren entre muros, co ancho xusto dun carro de vacas, nin unha cuarta máis nin unha cuarta menos. Se tes a mala sorte de vivir afastado dunha aldea con elas ou nunca viches cousa igual, de veras o sinto, pois agora é un chisco tarde.  O paso do tempo  trouxo a modernización e con ela os tractores, que foron a súa morte.  As corredoiras non lles