Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

A ponte (parte 4 de 4)

Imaxe
Non quería rematar este virulento 2021 sen compartir con todos vós o meu último traballo de lutería referido á ponte da guitarra, aproveitando para desexarvos un feliz ano entrante. Que o disfrutedes! Pincha aquí para ver o vídeo

A ponte (parte 3)

Imaxe
 Este é o enlace ao terceiro vídeo adicado á PONTE da guitarra PINCHA AQUÍ PARA VELO EN YOUTUBE Que o disfrutedes!

O rebaixe da ponte

Imaxe
 A ponte (parte 2) Pincha aquí para ver o vídeo do rebaixe da ponte

A ponte da guitarra (parte 1)

Imaxe
 No seguinte enlace mostro a adaptación da ponte PINCHA AQUÍ PARA VER O VÍDEO

O rebaixe do mástil

Imaxe
A feitura e a madeira coa que está feito o mástil da guitarra, determinan en gran medida as sensacións que o instrumento transmite ao músico.   Neste vídeo mostro a técnica a seguir. https://youtu.be/cf6QQ_ovFsc  

Rectificación e biselado de trastes

Este post consta de dous enlaces, o primeiro fai referencia ao biselado de trastes e o segundo ao rectificado. Biselado de trastes Rectificado de trastes

Uns días na capital

Imaxe
Fai dúas semanas pasei coa familia uns días en Madrid, teño que dicir que é unha cidade espectacular e máxica tanto de día como de noite, especial para ir de compras, eso sí, co bolsillo ben cheo, porque a tentación anda por todos os lados. Só lle falta unha praia de area fina para pegarse un chapuzón ou simplemente tomar o sol. Aquí vos deixo unha pequeña mostra. Estátua do oso e o madroño na Porta do Sol Porta de Alcalá Aquí me tendes no mesmísimo Km 0 Palacio de Cristal (Parque do Retiro) Interior Palacio de Cristal Praza de Alfonso XII (O Retiro) O lago do parque do Retiro Praza Neptuno Templo de Debod Praza Maior Porta do Sol Cibeles Porta de Alcalá Praza Cibeles Museo arqueológico nacional Porta do Sol Nesta especie de púlpito con dimensións reducidas, atópase a representación humana dunha divinidade inmortal, o rei dos deuses do Olimpo, encargado de supervisar o Universo.  

A elección de trastes

Imaxe
Pódese dicir que a alección dos trastes é un tanto particular, xa que a masa e a rixidez influen no tono e no sustain, dar coa combinación perfecta non sempre é doado. Os materiales máis usados para entrastar as guitarras, adoitan ser aceiro e alpaca, ningún dos dous é mellor que o outro. Os trastes de aceiro duran toda a vida, polo que posiblemente non faga falta entrastar, o máis probable é que a guitarra chegue a terceira idade con eles, este tipo de trastes ofrecen un audio máis metálico, hai xente que lle gusta iste efecto, e hai xente que por este mesmo motivo os evita. Por outra banda os trastes de alpaca ofrecen un son máis cálido pero gastánse antes.  Neste caso como en moitos outros, o tamaño importa, pero non llo imos preguntar ao negro do WhatsApp, xa que posiblemente a súa resposta non sexa correcta para todos. Estas son as medidas de traste para unha MANFER Style PARA VER O VÍDEO DO ENTRASTADO PINCHA AQUÍ

As marcas de trastes a escuras non se ven.

Imaxe
É sabido que a evolución da guitarra, en certo modo fai perder a esencia da guitarra española.  O paso dos anos fixo que a guitarra evolucionara en varios aspectos, unha das melloras foi a incorporación dun mástil regulable, como é o caso das guitarras eléctricas e acústicas ou a incorporación dun piezo eléctrico con cordas metálicas, persoalmente esto non o considero un avance pero sí un agregado que se alonxa da guitarra clásica como tal.  Entre os engadidos hai un que si me chama moito a atención, como son as marcas de traste, estas son unhas incrustacións que se poñen no diapasón nos trastes  3, 5, 7, 9, 12, 15, 17  a modo de referencia,  aínda que cada quen ponnas onde lle conveña.  Os materiales máis usados son:  plástico,  madeira,  nácar,  madreperla,  óso etc.    Estas que estou utilizando son de Abulón, un molusco mariño de concha nacarada.  As marcas de trastes ou os inlays (como lle chaman ingleses e yankees) poden chegar a ser verdadeiras obras de arte, pero tamén é certo 

Rebaixe e coroación dunha mandolina

Imaxe
Unha mandolina bluegrass cos trastes desgastados polo uso, necesita dun rebaixe de trastes coa posterior coroación. Aquí vos deixo o enlace ao video en YouTube. Que o disfrutedes! Ver o vídeo pinchando aquí

Técnica para DIAPASÓN

Imaxe
Chegou o momento de dedicarlle tempo a unha das pezas máis importantes da guitarra, como é o diapasón.   Esta peza é onde se insertan os trastes, e cubre o mástil dende a pala ata a roseta. Ten unhas medidas de 52mm na cejuela e 63mm no traste nº 12.  A súa madeira, ademáis de ser estable a cambios de temperatura e humidade, ten que ser dura, de alta densidade.  Hay moitas madeiras que cumpren con estas características, como son:  Palorosa, Granadillo, Arce, Ciricote ou Cocobolo, entre moitas outras, aínda que as que verdadeiramente se levan a palma son o Ébano e o Palisandro.   O sonido da guitarra depende de moitos factores, un deles é a combinación das madeiras que se utilicen nas distintas partes da guitarra. Este conxunto determinará en gran medida o son do instrumento.    Neste traballo hai varios puntos a considerar: O primeiro, antes de nada, é tapar a boca da roseta, para que a caixa armónica non se encha de impurezas.   Debido a que o mástil e a caixa armónica están en distin
Imaxe
Según a RAE, "ELEGANTE" é estar dotado de gracia, nobleza e sencillez, para Giorgio Armani é simplicidade e naturalidade, para Coco Chanel, a máxima espresión da elegancia, culmínase cando o que hai dentro é máis fermoso que o de fora (¡interesante reflexión!) Por outra banda, a elegancia é esquecer o que un leva, eso di o tan laureado deseñador Yves Saint Laurent, non serei eu quen lle diga que non! Tamén se escoita que a elegancia, é a gracia e delicadeza coa que se move unha muller. Deixémolo aí! O que teño claro é que a elegancia e a clase, son dúas cualidades que van unidas da man, unha tira pola outra, son totalmente innatas, aínda que moita xente pensé o contrario, a elegancia témola dentro, pero para mostrala, antes hai que espremela, por dicilo dalgún xeito, hai que aprender a traballala. Curiosamente, a elegancia é algo que todos perseguimos, oes! Que será o que ten, para que todos queiramos ser elegantes. Logo de tantos anos dándolle duro, e sen resultados evidente
Imaxe
Así de fácil preparo a goma laca, esta é unha sustancia orgánica que se obtén a partir da secreción resinosa dun insecto que habita en Asia, especialmente en Indonesia e Sri Lanka. Neste enlace mostro a súa preparación

Sexo, química amorosa e marcas de dominación social

Imaxe
A noite pasada tiven un soño! Sí, un soño deses de AMOR, non sei se atraído por como medran os portales de citas, ou pola contaminación atmosférica. O caso é que, pasoume pola cabeza crearvos un perfil web e buscarvos parella a cada un dos que visitades este blog. Menos mal que de repente volvín en min e recapacitei, vin que alí, non era ouro todo o que relucía, e dei para atrás. O que menos quería era que levásedes un chasco online. Buff, vaia putada!, non me quedaría nada por oir… De súpeto, ao cruzar a porta dos ramilletes dourados, presentín que algúns dos que estábades alí, tíñades cara de oscuras intencións, outros ben parecía que buscábades sexo, e outras tranquilidade; o que ven sendo un amor para toda a vida, ata había algún exhibicionista no medio, e tamén había quen estaba por estar, catro ou cinco ciscados tíñades cara de visitante de museos e algúnha que outra de dominación social. Este presentimento non fixo outra cousa que asolagarme de preocupación. Con tanta trasfega,

Procedemento para encolar o fonda da guitarra

Imaxe
Chegou o momento de cerrar a guitarra! Aquí vos deixo o enlace a YouTube onde mostro o procedemento tradicional, para o encolado do fondo da guitarra.  Que o disfrutedes! https://youtu.be/G9JLwC_xBvY

PROCEDEMENTO DE VERIFICACIÓN DA INCLINACIÓN DO MÁSTIL

Imaxe
PASOU ONTE!!! A min, verdadeiramente doume igual que Belén Esteban tirase a auga da caldeirada pola ventana, que Kiko Matamoros fixera gin-tonics con ela, que Aramis Fuster a usara como auga bendita ou que a Pantoja lavase os pés con ela, doume absolutamente igual.  Non me quero imaxinar, o que farán coa borra do café o próximo sábado…!  Tamén é verdade que detrás de todo esto, ten que haber algo no que se base todo este repertorio de feitos pouco probables. Non é outra cousa que intentar acaparar a túa atención, para decirche que acabo de publicar en YouTube, o meu último traballo, pero xa che aviso! Nada que ver coa auga da caldeirada, e moito menos coa borra do café…!   Teño que confesar, que estiven tentado en poñer pestañas postizas e pintar as uñas pero non o considerei necesario.    De todas formas, aquí che deixo o enlace por se acaso…!   https://youtu.be/JLXMujKu7yU

Adaptando o fondo da guitarra

Imaxe
 No seguinte enlace a YouTube, mostro as últimas actuacións no fondo antes de encolalo. Pincha aquí para ir ao enlace    

Zoquetillos, reforzos e cadenetas

Imaxe
A beleza está no interior, se non que llo pregunten aos zoquetillos, aos reforzos ou ás cadenetas. Pincha no enlace para ver o vídeo en YouTube

O ensamble da guitarra

Imaxe
Chegou este día tan agardado e expectante tamén, chegou o momento de unir tódalas pezas e que coincidan… Chegou o momento do ensamble, un procedemento vistoso e de moito tino, que agacha horas e horas de traballo, horas que resumo en minutos para todos vós. Agardo que o disfrutedes. PINCHA AQUÍ PARA VER O VÍDEO UN SAÚDO