Matando o tempo
Está claro que as apariencias enganan, e digo isto, porque cara ao mundo estou aquí todo tranquilo cunha actitude recreada e sosegada, como se estivera facendo un estudo de balística, ou simplemente lazadas nunha corda de esparto, cando en realidade estou sometido a unha preocupación constante, causada por un día enteiro de arresto domiciliario, si, estou de garda. Menos mal que a idade do pavo xa vai alá, porque con tal de ir de varanda, a ista altura xa tería planeado unha huida pola porta de atrás ou simplemente polos conductos de ventilación, como fan nas pelis americanas. É boa verdade que despois dunha certa idade, logo de sobrevivir tempestades e caídas dende globos (que por certo, a última ben pensei non contala) a calma apodérase dun, e as gardas xa non son o que eran, agora só queda resignarse ao pé do cañón. Airear a mente con algún relato, facer un flan de ovo no microondas, unha empanada de xoubas no lar, ou calquer outra exquisitez culinaria sirve para matar o temp