O murmurio de Agramonte - terceira parte
Antes de nada, dicir que deixo aquí os enlaces tanto á primeira como á segunda parte de “O murmurio de Agramonte” pensando nos que non tivéchedes oportunidade de lelos, ou simplemente para os que necesitedes un refresco. Primeira parte Segunda parte O murmurio de Agramonte E por fin, chegou o día máis agardado, o día da expedición. Imaxe cedida por Silvia Rubio Xan, quedara de verse ó amencer con Andrés e Abeliño no alboio do perito, onde o carro cargado cos víveres pasara a noite. Xan, a pesar de estar acostumado a levantarse coa chegada do panadeiro (á media mañá), aquel día foi o primeiro en aparecer. Para el, a viaxe a Lousame era como ir ás Américas, a incertidume era tal, que entre volta e reviravolta non pegara ollo, e para eso que cando foi para a cama, aínda ben o Sol non encubrira no monte do Seán, eso sí, matinando na roupa que vestiría, se un traxe de algodón con ribetes dourados, un acampanado de terlenka (que estreara