Tetas que namoran
Neste post toca falar de algo que se vive moi de cerca, ben sexa no fogar, na rúa, no supermercado ou mesmamente no traballo. Penso que chegou a hora de falar dos peitos das mulleres, polo tanto este post, vai de TETAS ! Vai por vós. Hai que admitir que non todas son iguais, as tetas son como as mulleres. Poden ser grandes, falsas, separadas, caídas ou despampanantes. De aí a importancia dun bo suxeitador para gardar a compostura e non chamar, ou si, a atención, depende do que busque cada unha. Con este post non pretendo que me fagades saber se as tendes firmes nin que talla usades de suxeitador, e moito menos, se tendes pezóns de aureola clara, escura ou rosadita. Érache boa, só faltaría…! Os homes temos que asumir que nos gusta mirar para os peitos femininos, dá igual que sexan grandes, pequeños ou obra dun divino cirurxián. Sinceramente, non sei por que será, pero tampouco me preocupa, é algo que está aí como está a distancia de roce, e que siga sendo así! Que no