Todo, por querer ser guapo
Creer que a froita se elabora nos laboratorios , no mercado ou nas froiterías, non é un pensamento que vaia moi desatinado. No mundo tan plástico no que vivimos, todo é posible! Con este traballo, vou mostrar a tódolos seguidores de Paparroda, como madura sen química un peladillo . Eso sí, non me veñas con présas ! Aínda o sol do venres pasado non vira ben o mediodía, cando o conxunto de condicións requeridas, en canto a climatoloxía, lúa e marea, eran do máis favorables. Levando a cabo unha operación cirúrxica de moito calado. Nun patrón de ameixeira brava, enxertei unhas pugas deses peladillos grandes, lustrosos e encarnados, que se comen cos ollos! A ver se con algo de sorte, en poucos anos, os paxaros, os vecinos máis eu disfrutamos de tal intervención. Enxerto feito o 19 de febreiro do 2016