Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2015

Que poucos somos!!

Imaxe
Si é sorprendente o que hai na web, fora dela non digamos. Aquí é onde un se atopa con modelos diversos moi definidos: caraduras, cantantes, importunos, atravesados, víctimas e malcriados, mamóns, porfiantes, papanatas e remolóns. Aqueles que se creen máis sendo ninguén, dos que falan de ti sen saber nada, dos que nunca pagan café e dos que tiran a pedra e che venden como si nada. De ben pensado... Leal con elegancia, que poucos somos!! E ti de cal eres...??

Proxecto Salo

Imaxe
   *  * * *  * 14-oct-2015 Estou moi contento de darlle o fin ao  " Proxecto Salo "  pero o mesmo tempo, triste por rematar algo que facía con tanto cariño. Aquí vos deixo unhas fotos para mostrala miña obra de arte. Un saúdo.   13-oct-2015 Este momento dos adornos , recórdame as féminas, catro complementos e aí van elas "avanti tutta" como se nada, ata parecen máis guapas e todo. Que tal é ser muller!!! Necesitando un embelecedor rústico para a fechadura, que mellor que facelo deste ferro vello oxidado, unha simulación de máis anticuado imposible. Sen dúbida, un aire co medievo   12-oct-2015 Tocoulle o turno a cera . Para conseguir o acabado que busco, vou aplicar unha Black bison técnica anticuario.Con 3 capas ben dadas, será suficiente. 11-oct-2015 Non hai mal que por ben non veña! A min o día de choiva de hoxe, venme de perlas para aplicar tapaporos ao cofre do tesouro. Como deixo máis bur

Outras penas

Imaxe
Fai uns d í as que Eladio do Caseiro chegou de pescar langostinos, dal á doutros mares ao sur do mundo. Outro ano m á is solteiro coa carteira chea de cartos, aventuras e outros males. O pobre home vi ñ a todo ilusionado con tomar unhas copas e botarlle unhas parrafadas co seu amigo Juan de Campo Rapado e ser o centro de atenci ó n no medio daquelas mozas sen frío, pecaminosas de pel morena e pouco fresqu í o, pero vaia carallo se levou o descubrir que o do Campo Rapado entre like, @ e # estaba apa ñ ado e por si fose pouco, agora coa chamada WhatsApp entrecortado xa estaba enganchado.   Que non se queixe o condenado que descansou a cabeza dende o vran pasado con todo apagado, total para a próxima marea xa terá videochamada e tamén entrecortada.

Princesa María

Imaxe
Xa logo vai na volta dun ano cando daquela quedaba a durmir coa cabeza chea de garabatos de gárgolas, cotas, números, figuras e alzados. A inspiración é o todo, o dificil é dar con ela, como tiña todo o tempo do mundo e presa ninguén me metía, con catro puntas, dous martillos, unha trencha e algunha escofina púxenme mans a obra. Con todo esto quero decir que o importante é poñerse, mellor ou peor (sempre aprendendo dos teus pasos); o resultado é o que vale. Aquí vos amoso a miña última obra de arte en madeira, o cofre que fixen para a miña princesa María, de momento non é o cofre do tesouro, pero  quen sabe si algún día…?? Que non todo sexa retrónica, aquí vos deixo algo de teoría ilustrativa. As proporcións iniciais Os primeiros garabatos