O Campo das Mouteiras (parte III)

Este post dedícollo 
ao amigo convalecente
Clemente Ferreirós.
Que te mellores Cle!

Se eres dos que andan por aí a velas vir e chegas aquí de rebote ou por casualidade, recoméndoche que antes de meterte en fonduras con esta terceira parte, leras as dúas primeiras, sobre todo para non andar perdido como unha caries na espuma da gaseosa.

Enlaces para os interesados:


Polo contrario, se eres un acérrimo lector de Paparroda, avanti tutti!

Como ben sabes, na primeira parte tratei a causa efecto (Lajarto-Mouteira), na segunda tocou tratar á eliminación da causa (a extinción do Lajarto) e nesta última entrega, vou tratar a desaparición do efecto (o desvalixo das mouteiras).
Agardo que che guste.
Terceira parte

Debido ás innumerables visitas ao Castro de Baroña na primeira metade do século XIX por parte de xente importante con culturilla e renombre, xa non eran poucos os que atraídos pola beleza do que se contaba nas altas esferas, tamén visitaban o Campo das Mouteiras, collendo este tal popularidade que o levou a súa perdición.

O Campo chegou a estar formado por un total de dez Mouteiras, todas elas moi bonitas e distintas entre sí, tanto en materiales como formas,  respetando sempre a terminación bífida, claro está. Había para tódolos gustos, rosa Porriño, marmol Guatemalteco, verde Velmont... Quen sabe a riqueza que tal alí había!

A sorpresa foi cando os veciños de Baroña viron como pouco a pouco esa riqueza iba a menos como auga no verán. Debido a tal indignante suceso, non se calcula a tantos que se culparon, entre eles parece que había un mercenario italiano, un perito agrónomo castellano, un coronel alicantino e un biólogo cordobés. O que sí se pode constatar é que na actualidade a meirande parte das Mouteiras, lucen en xardíns alemáns. Curiosamente, os donos de cada un destes xardíns son descendentes de altos cargos militares da época nazi.

Xa sei que todos estes datos resultan un tanto chocantes porque non se lle ve a priori relación posible entre sí, semellando máis un disparate que outra cousa, pero tranquilos que para eso estou aquí, para calmar as riadas e levarvos polo bo camiño, contándovos todo con pelos e señales, analizando causas e consecuencias, desvelando a relación que teñen os louros alemáns coas Mouteiras.

Teño a certeza de que todos coñecedes de volta e media a historia da Guerra Civil española, pero aínda así hai detalles que quero matizar para aclarar as circunstancias que rodearon os feitos.

Ante o fracaso do golpe de estado de 1936, o xeneral Franco  buscou axuda urxente, a intervención extranxeira (por parte de nazis e fascistas italianos) desempeñaba un papel decisivo. A clave estivo na superioridade tecnolóxica armamentística alemana, que xa daquela iban un chisquiño por diante, hai que reconocelo!  Clandestinamente o exercito alemán (sen reparos nin chiquilladas) doulle vidilla ao armamento que estaba desarrollando para a palpable Segunda Guerra Mundial. Se non fose así, o bando republicano coa axuda soviética quedaríase cá peña, eso está máis que claro. Por outro lado estaba o mesmísimo Winston Churchill arrabeando coas ganas de que os seus tamén actuaran, pero Franco doulle largas, pasando del canto quixo, “para chulo yo”.

Polo tanto poño de manifestó que a desaparición das Mouteiras foi causa indirecta da nosa Guerra Civil, agora vos digo porque.

Dende o momento que Alemania e Italia axudaron a España, esta tiña unha clara deuda con eles. Mussolini parece que pasou de todo, ni fu ni fa, pero o bigotes Adolf Hitler, debía ser un pedichón de medo con demasiado poder, xa que os barcos zarpaban para Alemania cargados de aceite, cereais, froita, verdura e patacas de cedo, mentras aquí morrían de fame...

O que non sabía o noso Caudillo, era que nese preciso momento, o interese do bigotes non eran as laranxas nin as ameixas de Carril, nin tampouco calquer outro manxar que lle puidese encher o ollo. A verdadeira preocupación do canciller estaba na materia prima de interese bélico, conseguir a carta branca por parte de Franco, e así o control total da extracción libre do ouro negro da época, o noso non tivo outra alternativa que poñer o cu a disposición e ceder.  O ansiado wolframio era usado para a blindaxe dos carros de combate, que os caprichos da natureza fixeron que nas entrañas de Baroña se atópase o epicentro dun dos xacementos máis importantes da península Ibérica. Curiosamente ó carón do Campo das Mouteiras.

Mira ti por onde!

Contando con tal autorización, Hitler dende 1939 a 1945  tivo o que quixo en Baroña. Aproveitou unha das  visitas para “inaugurar” a explotación e por fin ver o famoso Campo das Mouteiras, nada máis chegar, co flashxeo que levou, perdiu os papeles, jajaja...! Dende aquela, xa nunca máis volvería a ser o mesmo, despertoulle a codicia, a perfección, a pureza e tras ela o desastre.
Entre unhas cousas e outras, foron moitas as toneladas de tungsteno extraidas da mina do Seán, todas elas prácticamente de balde, para dalgún xeito pagar a débeda acadada na Guerra Civil. O penoso de todo esto, foi que entre tanto trasfego, un Hitler obsesionado, pasando por un delicado momento, ordenou que furtaran a totalidade das Mouteiras, con moita astucia uns chupa barandillas sen medo a que lle zumbaran o caneco, aproveitaron as viaxes dos carros de transporte de mineral, dende a mina ata o almacén (no porto da Arnela) facéndoas chegar ao vapor que as transportara a Vilagarcía e posteriormente a Hamburgo, onde personalmente o mesmísimo Hitler as repartiría entre os seus coleguillas militares.


... Hainos que non lles chega disfrutar do que lles dan, tamén rouban o que ven.

Así calquera presume do mellor, así calquera presume de made in germany!






Comentarios

Destacado

O auténtico MOU

Sol e candil

Ribeira vs Riveira