Cousas incomparables
Isto é para os que queren algo máis que ver un vídeo de lutería, aínda que sexa lutería da boa, unha mostra de que non todo é made in china, aquí no Barbanza tamén se leva o made in feito na casa. Quero comentar algo que certo día un bo compañeiro me dixo, referente ao proxecto da guitarra MANFER Style. As súas palabras foron: “ Como non compras a guitarra ?” Se supera que mercar unha guitarra e facer unha guitarra son praceres tan e tan distintos que non se parecen en nada, non abriría a boca. Eso é como comparar un bocadillo de chocolate con ter unha moza ben guapa, son cousas incomparables, algo similar é o que pasa con facer ou mercar unha guitarra. Este mundillo da lutería engancha, así como engancha a fotografía, o running, o terraceo, o ciclismo, o padel, ou calquera outra afección que un poida ter. Dende que un se mete, é difícil dar marcha atrás, primeiro porque as posibilidades de aprender son infinitas, internet neste aspecto puxo as cousas en bandexa, e por outr