Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2019

Puro formulismo

Imaxe
Coidado! Xa arrancou motores a maior hipocresía do ser humano, xa chegaron os típicos “copia pega” do Nadal, eses gifs de flores, besos ou muñequiños con frases trilladas, a modo felicitación, aquí os temos! Nas redes sociais e no WhatsApp, porque os pobres SMS da posguerra “aínda” están de viaxe do inserso. Sexa da maneira que sexa, é curioso como chegadas estas datas, parece que de repente todos queren transmitir os mellores desexos, como se se acabara o mundo, oes! Que impersoal…! Penso que algúns dos que che felicitan, se che ven pola rúa nin che falan.   Menos mal que cun mínimo de sutileza e habilidade social, é doado distinguir entre unha felicitación verdadeira, doutra que non é máis que puro finximento. Menos mal! Que teñades bo Nadal.

Acivro galego

Imaxe
O acivro (Ilex aquifolium) é unha árbore que no mellor dos casos pode chegar a medir 15 metros de alto, o seu tronco é recto coa veta lisa e dura, moi apreciada en tornería, de folla verde, lustrosa e perenne cos bordes espiñosos, moi bonita! O froito son unas bolas vermellas que maduran ao final do verán, e non lle caen ata o final do inverno, se non as papan antes os paxaros, porque lles gustan canto queren, para nós son venenosas ollo! Únicamente que se queira estirala pata, ou desfacerse da mascota…  Esta especie necesita terreos húmidos e sombríos para un bo desarrollo, toleran ben a poda polo que son fáciles de modelar. Cada vez vénse menos exemplares altos, máis que nada  porque é unha especie que lle costa medrar, crece moi lentamente, cando non ven o listillo de turno (sobre todo nas datas de Nadal) e lle corta as ramas para decorar alguna estancia, de aí que esté en perigo de extinción, actualmente é unha especie protexida en toda Galicia. Dende que os alemáns se enterar