Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2019

A Roseta

Imaxe
Motivación ante todo! Se algún día decides marcarte un obxetivo que non encaixa o máis mínimo co teu entorno (por exemplo construir unha guitarra no Barbanza, como é o meu caso) verás que a reacción da xente é do máis peculiar, atoparaste con mensaxes negativos buscando a desmotivación, como me ten pasado a min, pero ti tranquilo, por moito que che digan nunca perdas o interese. É penoso, pero é o que hai! Eu sintoo moito por eses catro ninguén de ningures, propúxenme subir un vídeo por semana e estouno conseguindo, e non só iso, tamén manteño viva a chispa que me dá forza para seguir con iste proxecto extraordinario.  Como di o Sr. Anselmo "lo siento" Por certo, os subscritos na miña canle de Youtube , xa son un número de dúas cifras, feito que me inspira a superarme. Ao fin e ao cabo, a motivación é a clave para alcanzar o éxito. Gracias! Aquí vos deixo o enlace para que disfrutedes do vídeo de como embuto a roseta na tapa armónica. https://you

Perfilando a tapa armónica

Imaxe
A tapa armónica A feitura de toda guitarra que se precie, comeza co ensamble e corte da tapa armónica, seguido de moita lixa, para conseguir que o grosor desta sexa inferior a 3mm Neste enlace podedes ver o vídeo de cómo recorto a tapa. https://youtu.be/7YFk_lAGBlU Que o disfrutedes!

A tutiplén

Imaxe
A resposta da xente, ao enterarse da miña nova afección, é do máis diversa. Como diría o Sr. Anselmo da Picota (Deus o teña na Gloria) “Do máis variopinta meu fillo” Sí! variedade total. Uns rin, outros falan por non estar calados, hai a quen lles gusta a palabra flipado, meus pobres... Os que opinan, os que non din nada, os que preguntan e os que animan. Mentras tanto, eu disfrutando, e como di o outro: "Que me quiten lo bailao" Como de seguro, ti estás entre un deles, aquí che deixo a fornada do meu último vídeo. Nota: De momento xa son 3 os probadores da futura guitarra MANFER Style https://youtu.be/QwpQtbdWekA

Unboxing guitarra MANFER Style

Imaxe
Está visto que non se pode decir, desta auga nunca beberei. Quen me diría a min que ía facer unboxing, e aquí está, tivo que chegar á miña vida o fantástico mundo da lutería para que viñera o primeiro. Aquí vos deixo o enlace. Que o disfrutedes! https://youtu.be/QoNJytdqgHI Todo santo día a peinarme, para ao final sair con estos pelos...

Diferencias entre guitarras

Imaxe
Guitarra acústica, clásica e flamenca Está claro que todos sabemos diferenciar unha guitarra eléctrica dunha guitarra española, faltaría máis! pero penso que cambia o conto, se temos que diferenciar entre unha guitarra española, acústica, clásica e flamenca. Moita xente chámalle guitarra española a todas, e tampouco é así, cada unha ten as súas particularidades, de feito, teñen un son distinto. Neste post, pretendo diferenciar cada unha delas, a un nivel de andar por casa claro está, non me vou meter agora en fonduras de tres al cuarto nin moito menos, considero que tampouco é necesario, catro detalles de cada unha e punto, o esencial para que vos chuleedes. O que a simple vista se lle ve en común a estas guitarras é que todas teñen seis cordas e unha silueta moi parecida, por non decir igual, pero entre todas elas, a única que ten as cordas de metal é a guitarra acústica , por eso ten un son máis forte e agudo, comparado co son suave da guitarra española, a guitarra