Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2019

Cofre (parte 2)

Imaxe
As veces penso que sería interesante nacer en outra época, por varios motivos, sí! Un deles sería para aprender dos artesáns daquela, homes con serenidade e aplomo, non sei se con habilidades innatas ou non, pero facían obras de arte sen medios, cun cepillo, unha trencha e unha serra, eran os reises do manbo. Traballaban a madeira dun xeito especial e a pelo, como se di neste cornecho. Non todos os días saen as cousas mal, por exemplo hoxe, foi un día moi productivo e por consecuente a satisfacción tamén brutal. Coa maior parte das pezas rematadas polo traballo de días pasados, só quedaba aplicarse para deixalas ensambladas con cola e clavos, fiel ao o meu propio estilo, o avance foi caralludo.  Estou contentísimo e gardo as emocións para  mostrárvolas aquí. Que as disfrutedes! No seu día conseguín esta peza da época de Maricastaña, unha fechadura que lle queda de perlas a este cofre, un cofre que servirá para gardar os  diamantes, como lle dixen a un cativo pregunt

Cofre (parte 1)

Imaxe
Non hai mal que por ben non veña. Debido ás inclemencias meteorolóxicas arrimadas a este lado da costa, teño que deixar de lado o instrumento que estou a piques de rematar (unha mandolina napolitana preciosa como un mundo) agardando a que sopre ese vento cálido e seco que deixa os beizos como cortizas, ese vento do Norte e do Leste chamado Nordés, porque a humidade que temos estes días en Aguiño, prexudica e moito as labores de barnizado, polo que é impensable  realizar calquera acción no instrumento. Agardando por ese vento favorable que non chega, pasoume pola cabeza unha fascinante idea, idea que non quixen deixala marchar, de momento non é máis que un barullo de liñas tortas e mal feitas, pero todo se andará. Aquí deixo o bosquexo de como aparece na cachola, o que implica que o resultado poida que non teña nada que ver. Seguirei informando. Todo comeza así, sacándolle sarrín a unhas pezas de madeira, corte vai e corte ven. Idea avante.  Bosquexo :   Debuxo f