Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2018

O pequeno Artalón

Imaxe
As numerosas historias que contaban os vellos da aldea (daquela cando eu aínda era medio cativo) sempre me chamaron moito a atención, sobre todo a que falaba da voda de Artalón, un tipo de outra ría que casara en Baroña. Parecíame que todo aquilo que contaban non podía ser verdade, que eran contos feireiros máis que outra cousa. Agora que de medio cativo non teño un pelo,     máis ben cativo e medio, penso que entre aqueles disparates, había moita palla e pouca verdade, comprensible ata certo punto, xa que entreter aos ointes só con verdades, non sempre é doado. Imaxe procedente da web Neste relato, vou contarvos unha daquelas historias que ao longo dos anos, conformaron os contos da lareira. A historia está fundada nun dereito legal do Medievo, trata dun tipo que era de contra a parte de Boiro, e que se casou en Baroña con Isabel, unha das mozas máis guapas da parroquia. O nome de pila do tipo era Tucho, aínda que todos o coñecían polo alcume de “Artalón”. Cabe dicir, que can

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 8)

Imaxe
Tintes e cadenetas .    O feito de usar tintes, obedece a numerosas razóns e significados. Xa daquela  os Indios,  embadurnaban a cara co fin de recibir enerxía, poder e definir á tribu que pertencían, diferenciando rivales de aliados. T eñir a madeira ven sendo algo parecido, disimula pequenas imperfeccións e cumpre unha función moi importante como é a decorativa, conseguir o efecto desexado,  mellora a apariencia e con ela o poder, igual que os Indios. Para a ocasión, utilizo un tinte de nogal (acrílico), con evaporación media lenta, o resultado acadado é espectacular.    Colocación da cadeneta (cedro vermello) Preparando a cavidade para incrustar o clavixeiro IR Á SEGUINTE FASE IR Á FASE ANTERIOR IR A MANFER Style IR AO INICIO