Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2018

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)

Imaxe
A mandolina é un instrumento italiano do século XVII, composto de oito cordas, divididas en catro ordes afinadas de grave a agudo: Sol, Re, La, Mi.  A finais do século XVIII  comezan a utilizalo compositores como:  Vivaldi, Mozart, Giovanni, Paganini e Beethoven entre moitos outros, posicionandoo como instrumento favorito nos salons máis refinados de época. A nivel informativo, queda dicir que no museo Stradivariano de Cremona, consérvanse os planos de construcción, con anotacións do propio Antonio Stradivari. IR Á SEGUINTE FASE IR Á FASE ANTERIOR IR A MANFER Style IR AO INICIO

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

Imaxe
Debido a que o último proxecto " Aprendiz de lutier ", resultou ser unha paixón rotunda, decidín non abandoar ese estado de atracción e entusiasmo, seguindo coa lutería de andar por casa e dar comezo a outra obra de calibre análogo. Vou construir unha Mandolina napolitana, se che interesa o tema, aquí me tes. Publicarei nesta sección do blog a evolución da obra, tamén o farei na páxina  MANFER Style  de Facebook Que o disfrutes! Para curvar a madeira previamente húmida, utilizo este artiluxio caseiro de alto standing, consiste nun soplete que proxecta lume nun tubo metálico co fin de quentalo A madeira do varetaxe, aros e mástil optei porque forse de arce, unha madeira pouco usual na comarca do Barbanza, pero Madeiras Caype de Frións, sorpréndeme coas mellores pezas.  As veces a riqueza está ao lado da casa, e nós buscando polo mundo adiante sen sabelo! Encolando o aro guía no mástil, tendo en conta deixar libr

Aprendiz de lutier - fase 15 (FIN)

Imaxe
A principios de xaneiro publicaba un post anunciando que ía construir unha mandolina, o cal remataba con este párrafo: “ Está visto que entre tanta parsimonia arrombada, hai xente para todo, dende os que ven a rapaza do exorcista a plena luz do día, ata os que reviran as orellas como as moscas de Capirote, pasando polos que da noite para a mañá, lles da por construir mandolinas. Éche boa verdade que aínda sen saber moi ben a que sabor atribuilo, este mundo non está máis que para comelo.” Con moita ilusión e compromiso, baixo o título “Aprendiz de lutier” fun publicando  paso a paso a evolución da obra.  Hoxe, medio ano despois, chegoulle o seu San Martiño. Quero saudar e dar as gracias a todos os que seguíchedes as publicacións e tamén un saúdo especial para os que non creron en min (familiares, veciños e compañeiros de traballo). Xa sei que non é o máis normal que alguén cercano faga mandolinas, eso sempre ocorre noutros lados, pero como ben dixen no post de presentación, o mun