Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2017

Amigos de lacha

Imaxe
Imaxe atopada en Pinterest Daquela cando éramos cativos, dependendo como fosen os amigos, agrupábamolos en infinidade de subgrupos, chamándolle dunha maneira ou doutra, dende os mellores amigos ata os de nin fu nin fa, que tamén eran amigos! Ao facernos adultos, como que estas subdivisións parecéronnos cousa de rapaces e pasamos un chisco delas, pero aínda así temos diferentes tipos de amizades. Neste post, vou falar de todos eles, dos que non se teñen, dos que escasean e dos que sobran (os do montón). Sobre os amigos non hai nada escrito, poden ser altos, baixos, gordos, flacos, bos, malos, espabilados e aparvados. Para ser bo amigo non fai falla ser intelixente nin boa persoa, de feito hainos malos como a peste e son excelentes amigos, polo tanto, a clave da amizade parece que está nos sentimentos. Como esto de ter amigos é algo que aínda non se fai ante notario,   cada un ten os que quere, cando quere e como quere, o malo é mantelos. Polo de pronto, os amigos todos son ch

Selfie na Lúa

Imaxe
Esta semana  a NASA levou a cabo unha das misións máis complexas e relevantes da historia. D ende o cabo Cañaberal, Florida, a nave Apolo-top comandada por estes dous individuos, foi lanzada ao espacio exterior polo transbordador espacial do mesmo nome , co propósito de coleguear coas civilizacions extraterrestres e resolver deste xeito incognitas que levan décadas intrigando á comunidade científica. Esta misión tamén fixo realidade o soño de realizar o primeiro selfie lunar , considerado como un dos momentos máis significativos da historia da humanidade . Onte pola tarde, estes dous astronautas lograron un perfecto e laureado aterrizaxe no areal da praia de Coroso , en plena ría de   Arousa , poñendo fin á misión. Este suceso histórico foi retransmitido a todo o planeta dende as instalaciónns centrais da NASA TV. Este intrépido e audaz proxecto, avivou o interese da NASA en seguir facendo viaxes espaciais. Se estás interesado, para apuntarse na lista de espera, pincha A