Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2017

Unha de queixo

Imaxe
Non me sorprende que non teñan en El Corte Inglés o queixo de Félix, co cheiro marcharían todos escopetados! Hoxe toca falar dunha paixón, de feito, se tivese que elexir entre xamón, queixo ou chocolate, tería claro que levar a illa deserta. Xa pode ser de Arzúa ou de Maracena , gústanme todos! Tamén teño que dicir que aínda sen considerarme un superdegustador, recoñezo que a medida que pasan os anos estoume volvendo máis quisquilloso ao respecto. Xa está ben de picar de parbillo! Familiares, veciños e compañeiros de traballo entre moitos outros tantos coñecidos, xa non son poucos ós que lles escoitei dicir iso de: " Non me gusta o queixo ". Parece increíble que coa cantidade de sabores que existen, dende os tenros máis suaves ata os curados con sabor máis forte tirando a picante, non atopen un que lles guste. Está claro que complacer o paladar non sempre é fácil, a uns gústannos casi todos e a outros con cheiralos xa lles chega. Non sei se será bo ou malo

Ribeira vs Riveira

Imaxe
Neste post vou falar de algo que non é precisamente que me traía polo camiño da amargura, pero sí que fai anos que me  mantén en ascuas, ese algo é o topónimo de Santa Uxía de Ribeira , unha cidade que a principio do século XX o rei Alfonso XII declaraba como tal. Para os que descoñecedes esta parte da bóla, aí vai a situación xeográfica da intriga con algo de entrante. Ribeira é un municipio da provincia de A Coruña , situado nin máis nin menos que na comarca do Barbanza , un entorno natural de enorme beleza, volo xuro! Neste municipio, entre outros moitos festexos, celébrase unha das festas máis populares de Galicia , a Festa da Dorna que xa leva dende o 2005 declarada de interese turístico de Galicia. Unha festa cun ambiente alegre e divertido sen igual. Se aínda nunca viñéchedes, que sepades que xa se está cocendo a LXIX "sinjladura" e vós sen cheirala.   Que queredes que vós diga!   Como os papeis son os que cantan, Ribeira é unha cidade, como pode ser