Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2016

Os normandos na ría II/II

Imaxe
Estaba o século XII dando os últimos coletazos, cando aqueles famentos vikingos, abordo dos temidos drakkars amosaban no horizonte as enormes velas vermellas e brancas, para remontar por derradeira vez o río Ulla. Nesa expedición aparte do típico saqueo, enchentas de mariscadas, empanadas e viño, traían entre corno e corno un propósito especial. Aproveitarse das mozas guapas da comarca. Tiñan todo rigurosamente controlado, pero aínda así, o pensamento alocado que traían saliulles un tanto furado, agora vos conto! Tan axiña como os drakkars tomaron terra, as xentes do lugar, observaban atónitos como un anano vestido con coiros, collares e plumas de cores, baixaba da embarcación portando unha bandeira branca, nin que fose en son de paz...! Ese anano non era outro que o bufón de abordo, a petición de Damson, este individuo pisaba terra para falar coas xentes e facer as paces ao mesmo tempo que organizaba unha parrillada co lema:   “ Nunca máis saqueos ” O todopoderoso Odín

Os normandos na ría I/II

Imaxe
Sendo franco, xa fai tempo que quero contar esta historia, a historia dos piratas normandos na nosa ría. O percal, vouno dividir en dúas partes; a primeira onde describo personaxes e situación, na segunda relatarei o sucedido na última viaxe.  Agardo que vos guste. Xa vai dun bo puñado de anos, nos que tódolos primeiros domingos de agosto levo asistindo á simulación do desembarco vikingo en Catoira , onde ano tras ano entre as xentes que alí se achegan, escoito versións variopintas dos motivos por os cales os vikingos se arrimaban a estas Terras. De se arrimaban de paso que iban cara ó Algarve portugués, de se era coa intención de saquear a catedral de Santiago, de fartarse de tintorro, pescar sollas ou simplemente mariscar na ría de Arousa, o que sí todos sabemos é que chegaban as Torres do Oeste . A presencia dos vikingos en Catoira non era outra que a manifestación amorosa do príncipe Damson . Sí, así como cho digo, así de claro! Este estaba chifladamente perdido por unha