Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2016

Matadura

Imaxe
Dende as velas do Corpiño ata as lágrimas de San Campio, coas ofrendas a San Ramón e os baños na Lanzada, ano tras ano anduvo Rubén sen atopar ritual que matara o desexo de deixar á dona preñada. Neste post vou contar a historia dunha parella un tanto peculiar. Rubén e Conchita, dous namorados de Viveiro e Boiro respectivamente, o flechazo destes mozos producéuse na marea dorneira do 2006, aínda que só fai catro anos que comparten piso como parella, no lugar de O Monumento, Ribeira. Esta parella vive unha vida plena, chea de satisfacción, rica en diversión e relacións sociais. Ela é unha muller guapa, extrovertida, independiente, con horario de doutora e moi alocada, dende fai un tempo para acá tamén a xoga cun affair, andando con el a brincos de aquí para alá, como un Pokemon pola cidade. Por outro lado Rubén é un mozo responsable, cheo de valores e sentido común, con trinta e tantos tacos. Traballa como un cabrón, agardando pola herencia millonaria de cando a palme seu pai

A cambio de que?

Imaxe
No post de hoxe vou tratar sobre software e de cómo a poderosa Google garda con esmero o noso historial web, pero non sen antes mostrar a miña solidaridade co pobo francés, polo atentado ocorrido onte en Niza. Vale…! Xa un se sinte impotente, cheo de rabia, dor e tristeza. Basta xa!   A todos os que nos gusta a tecnoloxía e vivimos rodeados dela, resúltanos canto menos curioso, que na actualidade aínda exista xente que prescinda por completo de todo tipo de software máis alá do mando da tele. Xente que lles da o mesmo que certos dominios estén ou non rexistrados en Google Apps , que os enxeñeiros de  Java , Cocoa ou HTML cambien a programación pola xardinería ou que caia o servidor central de Google , sempre e cando non caia enriba deles…! Quero falar dunha ferramenta que fai relativamente pouco a toda poderosa Google lanzou, chámase “ My Activity ” de momento non é moi popular porque a peña está liada con outras “cousas” pero xa será… Con ela non só pod