Manual de disparo fácil
Xa fai algún tempo que teño gañas de facerlle unha crítica constructiva a eses/as que se ven con todo dereito do mundo, en cuestionar as fotos dos demáis, cando as súas, non son máis que auténticos churros , un “ víndeover ” nas redes sociais. É boa verdade que a ignorancia tanto pode poñer a un triste e desventurado, como radiante de felicidade. Puntos de Forza e líñas da Regla dos Tercios Agora que nos estamos adentrando en período de festas, chismes e felicitacións, tanto se sodes auténticos flickeiros como usuarios base de Facebook, WhatsApp ou a mesmísima Instagram, faredes que os smartphons e as redes sociais anden a fume de carozo , a ver quen corre máis! De seguro, á festa tamén se arrimarán aqueles catro que andan soltos por aí, pensando que a calidade das fotos do seu “ chafarico ” é a mesma que poden ofrecer os modelos Reflex. Esto é confundir o touciño coa velocidade. Como se entere a EOS 5Ds que a meten no mesmo lote… A calidade non se pon en dúb