Con bolas na de Pepa
Gregorio e Guillermo, dous tipos sociables e moi faladores, dous tipos un tanto especiais, gravata, zapatito fino, alta alcurnia e pouca monta, que a crise os baticou ben baticados, baixándolles o fervor un feixe de peldaños, cambiándolles destinos paradisíacos con masaxes de spá por gorros de media lúa con vistas andamiais. Dende fai un par de anos, estes dous golosos do leasing dedícanse o mundo da pintura, cambiando o saber estar por non saber facer nada, gozando de boas vistas con toda a súa “cultura”. Todolos venres ao remate da xeira, alí se reúnen na de Pepa, entre arrancadeira e derradeira, tanto contan aventuras con vanidades como pestes sen novedades. A última extravagancia que armaron, liárona parda , mellor dito pintárona gorda, xa que aínda hoxe costa crer que con tal borracheira se calmara tal alboroto. Na procura de cores olvidadas, os artistas mezclaron pinturas no patio da casa (de forma particular); mentrás tanto... Que pinte Luis!! tiñan dous botes de pintur