Coa "sana" intención
Abadía da Cova D.O.: Ribeira Sacra É boa verdade que si se deixa duas semanas de patear, xa hai que recuperar. Hoxe preto do mediodía saín a mover un pouco este esqueleto folgado, pero nada, ao pouco de media hora xa vin de volta, notábame pesado, pesado, unha sensación de fatiguilla de medo. Que logo se oxida a maquinaria cunha vida de excesos con moito sofá e pouco paseo. Coa “sana” intención de mentalizarse de ir gastando os últimos cartuchos do entroido, tomeime un par de copichuelas de Abadía da Cova (para esto si que hai xente); un D.O.: Ribeira Sacra, de excepcional calidade que elabora Adegas Moure , un Mencía que leva a costas unha recua de premios , entre eles Premio CERVIM 2008 e Guía Peñín 2012 , un viño gallego que está la mar de bo, un viño que sen pasar dos 10€ volo recomendo polo sabroso que é.