Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May, 2016

A pedal o 19

Imaxe
Un ano máis o axuntamento de Ribeira convídanos a dar pedal o día da bici. Todo aquel que esté disposto a mover o esqueleto, que o 19 de xuño ás 11:00h con casco e bicicleta se achegue a Praza de España. Farase un percorrido duns 10 Km polo municipio.
Para participar é obrigatorio inscribirse antes do día 16 de xuño. Podes facelo pinchando AQUÍ.
Ánimo! que andando en bici, non só coñeces xente, tamén fortaleces pompis, tonificas cutis, alivias estrés e o máis importante, combates o sedentarismo.

I Milla Solidaria de Boiro

Imaxe
Argallar un evento deportivo ten o seu mérito, máis aínda cando é por unha causa solidaria como a de onte. Está visto que querer é poder, se non que llo digan ós organizadores da I Milla Solidaria de Boiro, que dispoñendo de escasos medios superon xuntar e coordinar os ingredientes necesarios, para levar a cabo un evento deportivo da maneira, convertindo a I Milla nunha fantástica tarde de atletismo.

Como cortalas patacas da tortilla

Imaxe
Este post ademáis de parecer de guasa, pode dar pé a pensar que quero ir de entendido e chulearme dando leccións culinarias, pois non! Como ben dixen no seu día, non pretendo dar leccións de ningún tipo, nin moito menos marcar tendencias gastronómicas. Todo o contrario, é moito máis que eso!

Con este post non intento enseñar como se fai a tortilla, só vos quero amosar a teoría que teño de como cortalas patacas para ela. Aínda que a priori resulte obvio e sinxelo, pode deixar de selo indagando un chisco no tema.
Patacas, ovos, aceite e sal. Dependendo de quen os cociñe, así será a pinta e o sabor. Único! Esto da tortilla é algo curioso, a pesar de levar poucos ingredientes e ter unha preparación non demasiado complicada é imposible atopar dúas iguais, cada quen fai o que lle parece, dándolle o seu toque persoal, uns friten máis as patacas, outros bótanlle máis ovos e hainos que non lle choran o sal, pero aínda  usando as mismas patacas, os mesmos ovos, o mesmo aceite, o mesmo sal, a mesm…

Castro Cidá

Imaxe
Había que ter moi poucas luces, para ser galego e non coñecer ningún Castro Celta, pero como non todo o mundo ten o privilexio de sentirse da Terra, aquí lles deixo unha pequeña aclaración do que son os Castros.

Os Castros son as ruinas de poboados fortificados onde vivian os Celtas, que polo xeral están situados  en sitios elevados. A súa orixe remóntase a Edade de Bronce (século VIII a. C.) pero ata a Edade de Ferro non alcanzaron o seu maior desenvolvemento,  sendo abandoados ou transformados (perdendo toda a esencia Celta) coa chegada dos romanos alá polo século I d. C. Os máis destacados son o de Viladonga en Castro de Rei, o de Borneiro en Cabana da Bergantiños, o de Santa Tecla na Garda, e como xoia da coroa, temos o Castro de Baroña. Estes son catro entre os centos deles que hai, un deses moitos e menos coñecido é o Castro Cidá, situado no municipio de Ribeira. Este ademáis das vivendas da época castreña, dispón dunha construcción máis moderna que corresponde a unha cabana de se…

A primeira Milla

Imaxe