Publicacións

Mostrando publicacións desta data: August, 2014

VI Carreira Popular da Pobra

Imaxe
Vaia carreirón máis ostentoso! Iso sería o que dirían aqueles máis entendidos,  tanto de Vilavermejo como os de Vilachico, logo de coñecer o resultado que me gastei  hoxe 31 de agosto  na Pobra do Caramiñal,  na súa VI carreira popular. Unha proba de puro furor e hombría, nada de brenzas nin carácteres dulcificados, alí había que dar o callo, xa non era tempo de penas nin langrinas, alí había que dalo todo, e así foi. Nunca tal eu pensei  rodar a unha media  de 13 Km/h  e menos aínda co día soleado que fixo hoxe, xa lle valeu a tontería ó Lorenzo!!! Aínda así percorrín os 7800 metros  en 35 minutos,  todo un exitazo. Teño que agradecer o traballo fotográfico que fixo hoxe a compañeira Fátima, xa que se non fose por ela, tería que publicar sen imaxes.



Imaxe atopada na web



Un saúdo e gracias pola visita.

Fungo do Artista

Imaxe
Hoxe, na saída matutina do fin de semana, co percorrido Aguiño, Confurco, Noia, Moimenta e para a casa; que por certo, o tramo dende O Confurco ata a Ponte de San Francisco pasando por Carantoña e San Roquiño de Tállara, teño que decir que é cando menos, impresionante! esa  baixada con semellantes  curvas nin as de Hollywood nos seus mellores tempos de alfombra de gala. Tamén tiven a sorte de dar con este curioso e rechamante fungo con forma de ménsula de cor castaña avermellada, que tiñe todo o seu redor; chámase Ganoderma applanatum, máis coñecido como “Hongo del Artista” ou "Fungo do Artista" Tamén me chamou moito a atención a perícia que se puxo na disposición da leña nesa eira de San Roquiño.

Carreira do Demo (Artes)

Imaxe
Estou vendo que esto de participar nas carreiras populares, está resultando ter  unha doble motivación persoal, por un lado o gusto de intervir, de competir, o gusto de rivalizar e de vivir con esa constante loita carreira tras carreira, aguantando todo tipo de inclemencias, ben sexa sol, calor, vento ou chuvia. un esforzo que me  motiva para dar o mellor. Por outro lado a delicia de atoparme cos compañeiros que ademáis de alegrías compartimos a mesma afección.
Hoxe tiven o pracer de disputar a carreira non só ó carón de caras veteranas, se non que tamén disfrutei da presenza de caras novas e non por eso descoñecidas, como son: Juan Vila e Salomé Fernández (que con problemas de gemelos non tivo a súa mellor carreira) non fai falla ser moi optimista para ver a estes dous  enganchados a este duro e sacrificado deporte que tanto fascina. Andaremos e veremos…!!!
Pouco a pouco voume facendo con imaxes para un plantel de luxo, hoxe tocoulle a: José Angel Rodriguez, Manuel Muñiz, Juan Vila e S…

Illa de A Toxa

Imaxe
Que bonito é, e que ben se sente, cando un quer e pode, que non sempre é así!!! pero onte sin ir máis lonxe o Sr. Ansoar máis eu, decidimos pedalear ata chegar a Illa de A Toxa, entre a ida e a volta estivemos moi preto dos 170 Km. fixemos uns altos no camiño tanto en Vilagarcía como en  Cambados;  para  disfrutar do panorama estival, non faltaron as charlas nin os consellos coas súas  risas. As condicións metereolóxicas eran idóneas para quedar todo día por ahí en plan “canfino” por aquelas terrazas con cervexas ben frescas pra contrastar coas “giris” en puro estado de evasión, mesturadas con “Canapés de nécora ó Barrantes” e  xeados de “Ostra ó Albariño con sirope de centola”  eu que sei o que tal alí había...!!! Pero o noso plan non era ese, o noso plan era disfrutar do saudable hábito da entrega o pedaleo, algo inexplicable e incomprensible para moitos, sobre todo aqueles que se xatan de ser uns natos gastadores de barra,  na especialidade de pintar  ou non a choca, tan inexplicab…

Pateando Corrubedo

Imaxe
...Asfalto, terra, pedras, suspiros e areas movedizas, un verdadeiro abanico de pisadas, un desafío que nos brindou o pobo de Corrubedo na súa 1ª Carreira Popupar. Foi algo durecha, todo hai que decilo, ainda que en ningún momento deixou de ser fascinante o seu percorrido. Encantoume. Sentinme moi cómodo portando toda a carreira ese meu garbo sensacional e característico, ata cruzar a liña de meta, momento culminante onde o rebose de alegría e felicidade foi absoluto (invítovos a vivilo en vindeiros episodios). Como ven sendo habitual, alí atopeime cun montón de compañeiros de fatiga, que pouco a pouco espero ter fotos para dalgún modo inmortalizar o momento con todos eles. Hoxe ademáis do usual socio de batallas; o Sr. Clemente, tiven o gusto de compartir captura co Sr. Roberto Collazo, todo unha máquina disciplinar de correr.
Algo que boto moito en falta, aínda que a priori pareza un tanto ridículo, non por nada, se non pola dificultade que eso conleva, é o feito de non poder facer f…

Carreira San Xián (Artes)

Imaxe
Carreira do Demo, un percorrido pequeno pero cañero, nada máis comezar xa temos medio km de subida suave, seguido de kilómetro e medio de llaneo con pequenas baixadas para cargarlas pilas e pasar por meta para afrontar case 3km de puro sufrimento cunha subida constante,  logo temos ainda non medio km de baixada con unha subida dura, rematando con un tramo de un suave ondulado.




Para máis información:
http://emesports.es/project/a-carreira-do-demo/

II Andaina da Festa do Mexillón

Imaxe
Alá van para o bote outros 15 Km de continuo pateo, dende Rianxo ó Araño ca compaña daquel remansado murmurio do Te. Mollados como serenos, cheos de raíces, chispas e pontellas; que a falta da sombra dos ameneiros, ben o fixeron as pingueiras dos castiñeiros, carballos e salgueiros. E como non todo vai ser río para alá, río para acá,  aproveitando a circunstancia de que en Rianxo era a Festa do Mexillón, despois de tanto pateo, ben viña algo de papeo, e tanto o Sr. Clemente como eu, non lle dixemos que non a tal degustación.

Aquí vos deixo unhas capturas do evento, a espera dalgunha imaxe que apareza na web.








As imaxes que veñen a continuación foron cedidas por:
Arousa Natureza e Ocio