Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

A ubicación da ponte

Imaxe
Chegou o momento de por en manifesto os razoamentos que levan a cabo determinar a ubicación da ponte.  A teoría di que a distancia entre o traste 12 e a cejuela, debe ser a mesma que entre o traste 12 e a selleta, pero a realidade é outra, debido á equilibración que se fai para compensar o estiramento da corda ao pulsala.   O que se pretende con esta compensación é que a parte libre da corda transmita a nota correcta, a forma de conseguilo é modificando a lonxitude ou a masa.   Tendo en conta que o sonido producido por unha corda depende da lonxitude e da masa desta, pódese decir que canto menor sexa a lonxitude ou a masa, máis agudo será o sonido, polo contrario, aumentando a lonxitude ou a masa, o sonido vólvese máis grave.    Se a nota é demasiado alta, é porque o tramo de corda é demasiado curto, quer decir que a ponte está moi cerca, polo que hai que alargar este tramo para que a nota baixe volvéndose máis grave.   O que se pretende é que afinando a primeira corda en MI, esta vibr