Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2021

As marcas de trastes a escuras non se ven.

Imaxe
É sabido que a evolución da guitarra, en certo modo fai perder a esencia da guitarra española.  O paso dos anos fixo que a guitarra evolucionara en varios aspectos, unha das melloras foi a incorporación dun mástil regulable, como é o caso das guitarras eléctricas e acústicas ou a incorporación dun piezo eléctrico con cordas metálicas, persoalmente esto non o considero un avance pero sí un agregado que se alonxa da guitarra clásica como tal.  Entre os engadidos hai un que si me chama moito a atención, como son as marcas de traste, estas son unhas incrustacións que se poñen no diapasón nos trastes  3, 5, 7, 9, 12, 15, 17  a modo de referencia,  aínda que cada quen ponnas onde lle conveña.  Os materiales máis usados son:  plástico,  madeira,  nácar,  madreperla,  óso etc.    Estas que estou utilizando son de Abulón, un molusco mariño de concha nacarada.  As marcas de trastes ou os inlays (como lle chaman ingleses e yankees) poden chegar a ser verdadeiras obras de arte, pero tamén é certo