Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

Saltala fogueira en tempos de Covid

Imaxe
Pregúntome como será a noite máis curta deste ano. A priori (vendo o irresponsable que é a xente) coido que seremos ben poucos os que levaremos adiante as medidas impostas, o resto como se o de cumprir non fora con eles, q ue xoguén coa súa saúde, como di o outro “ me la suda ” pero coa miña… É un feito que verdadeiramente me preocupa. A noite de San Xoán é unha velada desas que se agarda con impaciencia,  tras o lusquefusque mozos e mozas reúnense para celebrar o inicio do verán. Unha reunión de estilo campestre ou de praia ó redor dunha fogueira que promete con tódalas papeletas facer pasalo a tope, non só comendo churrasco (que nos gusta a todos) sardiñas, viño, cervexa ben fresca e Coca Cola, cada quen que a disfrute como lle pete, pero eso sí, todos co mesmo propósito de alargar a noite ata o amencer.   Lonxe quedan aquelas noites de trangallada, cargadas de encanto, meigallos e sortilexos, mesturado con alcohol e bicos agachados á vista da lúa, daba igual que xiara ou orballara,