Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2020

O gaiteiro baroñés

Imaxe
Gadamil (o gaiteiro baroñés) Neste relato, narro a historia de Gadamil, un gaiteiro que deixaba pegada sonora alí por onde pasaba.  O seu nome de pila era Ramón, pero todos o coñecían polo seudónimo de  “ Gadamil ”, de profesión gaiteiro . Nacía no ano de 1905 en Baroña no concello de Porto do Son.  Era un tipo con moito carisma, festeiro e pícaro como ninguén, facía magas coa gaita con tal de sorprender ao público, especialista en amenizar banquetes e foliadas, un verdadeiro showman da época que gozaba dunha particularidade única, tocar a gaita e bailar coas máis guapas ao mesmo tempo, ámbalas cousas con moita maestría.  “ Nin que estivera feito coa mesma tela que se fan as festas, andar de parranda era o seu! ”, iso dicían os que o coñecían. Era un músico singular la mar de cotizado, actuaba  nas vodas de alta alcurnia e tamén nas festas máis relevantes da comarca, San Roquiño de Tállara, a Guía, San Ramón de Bealo, o Loreto, a Guadalupe, o Nazareno, San Marcos