Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2019

Homes de plástico

Imaxe
Unha peste continua... Este relato trata sobre o plástico, un material que nos abafa pouco a pouco sen decir nada.  En pleno século XXI a piques de comezar o ano 2020 xa estamos pagando as consecuencias dun uso excesivo do plástico, non só temos mares e ríos cheos, tamén a vía pública, montes e cunetas plagados deste material, unha peste que ameaza destruir o medioambiente, pero o máis preocupante é que tamén temos o noso corpo cargado de microplásticos. Pero esta situación tan plástica por chamarlle dalgunha maneira, non sempre foi así, logo da posguerra, na comarca do Barbanza o único que non había era plástico, porque de pobreza, fame, miseria e emigración estaban surtidos. Eses anos corenta e cincuenta tiveron que ser moi duros para os que lles tocou vivir esa época, pero dentro do malo, tiñan algo bo, viviron exentos do dichoso material, aínda que pensando ben, non lles debeu importar nada. As veces, non coñecer as cousas é o que ten, non había plástico, pero tampouc