MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 6)
Como cada post que publico é un reto para conseguir a vosa atención, quero compartir con vós, todo o que fixen este mes de septembro, máis que nada porque os seguidores de Paparroda, supoño que teredes curiosidade por saber como evoluciona a obra, e tamén porque me produce pracer e benestar facelo. Este mes dediqueille tempo á cenefa, tapa armónica e varetas A función desta vareta é unicamente de reforzo, motivo pola que é de arce, vai colocada onde dobra a tapa armónica, co fin de que a tensión das cordas non arquee a tapa. Para a tapa armónica optei por utilizar abeto alemán, algo máis de calidade que o abeto Engelmann e tamén menos manchadizo. Para encolar estas dúas pezas, utilizo un sistema tradicional milenario xaponés, o resultado é asombroso Agora toca ablandar a madeira para facilitar un posterior doblado, 24 horas sumerxida nun recipiente con auga. Que beba! O esaxerado entramado de cordel, non é para outra cousa máis que impedi