Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2018

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 5)

Imaxe
O mástil Este é a base dunha parte vital como é o diapasón, pode chegar a sopartar tensións altísimas, motivo polo que se utiliza o arce, aínda que o noso carballo galego tamén iría sobrado, sobre todo na dureza, en canto á dilatación non o sei, o que si, ten que estar feito a conciencia. Dende a miña humilde experiencia, aquí mostro o sistema que sigo. Este é o procedemento a seguir para obter o ángulo que determina a inclinación da pala. A liña de corte de cor vermello comeza na cejuela. Para a tapa da pala, utilizo Castaño galego en honra á madeira de Galicia. Esta peza con arredor dunha trintena de anos, vaille a dar un toque bestial. Xa estou vendo ás grandes multinacionais da lutería, buscar castaño galego como os cans da rabia. Que non sabes o que significa esto...? jajaja! Esta peza é o zoquete, vai dentro da caixa armónica e a súa única finalidade é facer base para suxeitar o cordal Neste Bid

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 4)

Imaxe
Os Sioux eran especialistas en tallar o arce, contaban historias non só con debuxos e símbolos abstractos, tamén con debuxos de animais, persoas e obxectos tallados nas lanzas e nos mangos das machadas.   Logo de prácticamente un mes, chegou o momento de colocar a última costilla. Son consciente de que podía sair mellor, pero tamén moitísimo peor, a simetría é perfecta, o que me fai estar contento como un cuco. Esta cavidade é para incrustar unha peza a modo decorativo, que ao mesmo tempo sirve para reforzar a unión entre a caixa armónica e o mástil Se os Sioux tallaban esta madeira, por que non os galegos? Aquí vos deixo este Bidi sobre min IR Á SEGUINTE FASE IR Á FASE ANTERIOR IR A MANFER Style IR AO INICIO

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Imaxe
Efectúo os traballos de lutería, sempre vista aos viandantes, nun garaxe dunha rúa moi transitada de Aguiño, non só pola xente que vai ou ven da praia, se non tamén pola que anda a pasear, circunstancia que nestes momentos (agosto, mes de vacacións por excelencia) me recorda aos primeiros días de rebaixas dos centros comerciais.  Aínda que na casa dun, cada un fai o que quer, unha actividade realizada vista ao público, fai que sexa distinta a calquer outra, procuro en todo momento gardar a compostura, sendo o máis sociable posible, intento ser respetuoso, amable e sen perdela paciencia, xa que son moitos os que pasan sen decir nada, pero tamén son moitos os que se deteñen a falar e a observar o que teño entre mans, cada un di o que lle parece, uns falan moito sen decir nada, outros con poucas palabras dinno todo e tamén hai quen di disparates como se nada, sen ir máis lonxe, hoxe acurriron tres detalles curiosos que vos quero contar: Un dos viandantes non se cortou en preguntar s